galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Voluntariado Social : Día temático sobre voluntariado : 2013

Descrición da actividade

A Deputación Provincial da Coruña, dende a Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, puxo en marcha dende este sábado 6 de abril un circuito de actividades sobre voluntariado en cinco concellos da provincia da Coruña.

Os concellos nos que terá lugar a actividade son: Sada, Pontedeume, Padrón, Cee e Teo.

O “Día temático sobre voluntariado” é unha actividade derivada do proxecto europeo “Network on the role volunteering in local welfare and integration policies” (VOLWE 2011-2013) que a institución provincial leva desenvolvendo  dende o ano 2011 e que remata en maio deste ano.

Este proxecto europeo lévase a cabo xunto con socios de Fontevivo e Unión Terre Verdiane (Italia), Trolshattan e Mölndal (Suecia) e South Ostrobothnia (Finlandia)

O “Día temático sobre voluntariado”, que se celebrará nunha instalación municipal, contará con diferentes actividades como stands informativos de entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña, actuacións musicais e culturais, obradoiros, mercado solidario, actividades para nenos/as, etc.

A principal finalidade desta actividade é concienciar ás persoas, sobre todo ás persoas xoves, da importancia do voluntariado na sociedade actual, de modo que poidan coñecer as distintas posibilidades de participación social coas que contan no seu entorno.

O calendario de realización previsto para a realización das distintas actividades é o seguinte:

CONCELLO

DATA

HORARIO

Sada

6 de abril

10-14 horas

Pontedeume

30 de abril

10-14 horas

Padrón

19 de abril

10-14 horas

Cee

2 de maio

10-14 horas

Oroso

20 de maio

10-14 horas

 

      *Estas datas están suxeitas a posibles modificacións

Esta actividade contará coa colaboración, entre outras, das seguintes entidades sen ánimo de lucro: OFICINA DE COOPERACIÓN E VOLUNTARIADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, CRUZ VERMELLA, DOWN CORUÑA, TEIMA FERROL, FUNDACIÓN RONSEL, F.A.X.P.G., ETC.

Máis información en: