galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Voluntariado Social : Día temático sobre voluntariado : 2015

Características

A Deputación Provincial da Coruña leva varios anos participando en diferentes proxectos e/ou actividades en relación co fomento do voluntariado, como o proxecto europeo ACTIVEX, de voluntariado para persoas maiores de 50 anos e o proxecto Networking on the role volunteering in local welfare and integration policies (VOLWE 2011-2013), sobre a creación de redes de voluntariado, o papel do voluntariado no ámbito do benestar social e políticas de integración. En setembro de 2012 tivo lugar o último encontro transnacional do proxecto VOLWE en South Ostrobothnia (Finlandia). Neste encontro presentouse un Plan de viabilidade para a implementación dunha das boas prácticas en materia de voluntariado sobre o proxecto presentado no encontro anterior. Esta proposta de implementación tivo como obxectivo fomentar o voluntariado de persoas xoves así como a fidelización das persoas que participan nestas actividades. Para isto, a comezos do ano 2013, decidiuse levar a cabo unha actividade de carácter provincial nos concellos de Cee, Pontedeume, Oroso, Sada e Padrón, atendendo ós criterios de distribución xeográfica por comarcas, dispoñibilidade de centros de educación secundaria, maior número de poboación menor de 16 anos (datos extraídos do IGE) e dispoñibilidade de entidades de referencia en materia de voluntariado. Estaba prevista a participación do concello de Teo que rexeitou a actividade por motivos de organización interna. Tendo en conta os bos resultados obtidos durante o ano 2013, proponse continuar coa celebración do Día temático sobre voluntariado, dotándoo de actividades (coeducativas, cooperativas, interxeneracionais, etc.) e recursos dirixidos a poboación en xeral. Tense previsto contactar cos concellos elixidos para empregar instalacións municipais. Os concellos elixidos (en base a criterios estatísticos)para a celebración desta actividade no ano 2015 son os seguintes: DA COMARCA DE ORTEGAL-FERROL-EUME: Concello de As Pontes de García Rodríguez DA COMARCA DE CORUÑA-BETANZOS: Concello de Betanzos DA COMARCA DE ORDES: Concello de Ordes DA COMARCA DE ARZÚA: Concello de O Pino DA COMARCA DE NOIA: Concello de Noia DA COMARCA DE SAR-BARBANZA: Concello de Boiro No caso de algún dos concellos non poida participar, elixirase a outro atendendo ós mesmos criterios estatísticos. Nestes momentos o proxecto atópase na fase de coordinación cos concellos e centros educativos.