galego | castellano
: Servizos sociais : Área de Voluntariado Social : Proxecto VOLWE

Descrición do proxecto

 

volwe.jpg europe.gif SERN.gif

O proxecto “Network on the role volunteering in local welfare and integration policies”, foi presentado á Comisión europea en xaneiro de 2011, sendo aprobado por dita Comisión en maio de 2011.

Neste proxecto a Deputación Provincial da Coruña participa en calidade de socio xunto con Trolshattan (Suecia), Mölndal (Suecia), South Ostrobothnia (Finlandia), Fontevivo (Italia), Bassa Atesina (Italia) e Union Terre Verdiane (Italia). O coordinador do proxecto é o concello de Fontevivo (Italia).

Os principais obxetivos deste proxecto son:

-          Coñecer a natureza, especificidade e as leis de sobre a Organización do Terceiro Sector en tódolos países.

-          Coñecer os diferentes sistemas de relacións entre as Administracións Públicas e o Terceiro Sector en cada país.

-          Intercambiar experiencias significativas na relación entre as Administracións Públicas e o Terceiro Sector.

-          Etc.

A metodoloxía de traballo esta baseada en seis reunións ou encontros (unha por cada un dos países socios):

-          Unha primeira reunión de coordinación en Trolhattan (Suecia): 29 de agosto-1 de setembro de 2011.

-          Un encontro de presentación das políticas de cada país: estructura dos sistemas locais, a presenza de organizacións de voluntarios, marco xurídico, cooperación, benestar social, etc.

-          Un evento no que analizar as posibles accións de mellora.

-          Un evento para detallar as accións e a comparacións de métodos e contidos.

-          Un evento para compartir a realización de accións experimentais e medir a eficacia dos resultados.

-          Un evento final no que se establezan as bases de cooperación no futuro e para próximos proxectos.

Entre os días 29 de agosto e 1 de setembro de 2011 tivo lugar a primeira reunión de coordinación do proxecto en Trolhattan (Suecia), na que se definiron os aspectos técnicos, económicos, organizativos, etc. do encontro.

Máis información en www.volweproject.eu