galego | castellano
: Servizos sociais : Programa de financiamento dos SS.SS Comunitarios municipais

Introducción

PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS

servicios_sociales.jpg

O Plan de convenios de servizos sociais de atención primaria vénse desenvolvendo dende o ano 1996. A súa continuidade durante estes anos sostense na Lei 13/2008 do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia, a cal pasa a denominar SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS (no seu artigo 8.a.) o que a anterior lei definía como SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA, comprendendo as mesmas funcións.

Se ben o Plan de convenios de servizos sociais nas súas orixes se dirixiu cara aos concellos máis desfavorecidos, na actualidade abarca a todos os concellos da provincia da Coruña con menos de 20.000 habitantes, renovándose anualmente. 

O “PLAN DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS PARA O EXERCICIO 2013” elabórase ao amparo do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, e que no seu art.31, establece que as Deputacións proporcionaranlles asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos con menos de 20.000 habitantes, na execución  das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos.

Mantense así una liña de continuidade co Plan de Convenios de servizos sociais comunitarios que a Deputación Provincial da Coruña ven executando desde o ano 1996, e que no exercicio 2012, incrementou o importe total, coa finalidade de asumir as contías que os concellos viñan percibindo da Xunta de Galicia, para ditos servizos comunitarios básicos, no Plan Concertado de servizos sociais, e que se pretende manter coa convocatoria do ano 2014.

O Programa financiarase no 2015, coas achegas previstas de 4.017.154,33  euros, na partida 0611/232A/462.01 dos orzamentos desta Deputación.

Pode consultar as Bases do Plan 2016 na seguinte ligazón:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=18/11/2015