galego | castellano
: Servizos sociais : Programa de financiamento dos SS.SS Comunitarios municipais

Programas e contias

PROGRAMAS A FINANCIAR E CONTÍAS:

Para a cuantificación das achegas,establécense módulos , os cales van referidos ao cofinanciamento dos gastos polos conceptos de salarios e seguridade social do persoal con perfís profesionais diferentes e complementarios ó do/a profesional de referencia, (que se regula no artigo 37 do Decreto: persoal auxiliar administrativo, persoal técnico de grado medio e persoal técnico de grado superior) como do persoal auxiliar do servizo de axuda no fogar, o SAF básico, todo el, adscrito directamente aos servizos sociais comunitarios dos 83 concellos con menos de 20.000 habitantes, comprendendo os supostos nos que sexan prestados por xestión directa ou, si é o caso, por xestión indirecta mediante contrato ou encomenda da xestión.

MÓDULOS DE FINANCIAMENTO: contías máximas para a prestación dos servizos dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2014

En virtude desta actuación, a Deputación Provincial subvencionará os gastos dos profesionais dos servizos sociais comunitarios distintos do perfil profesional do/a traballador/a social conforme aos módulos seguintes no que se encadra o persoal correspondente: módulos do persoal administrativo, persoal técnico de grado medio, persoal técnico de grado superior e do persoal so servizo de axuda a domicilio básico .

MÓDULOS DO PERSOAL AUXILIAR ADMINISTRATIVO

 ACHEGAS      

IA.- Módulo inicial Deputación 13.915,53 ¤
IB.- Media xornada procedente do Plan Concertado 6.014,29 ¤
IC.- Xornada completa procedente do Plan Concertado 12.028,57 ¤
ID.- Módulo inicial Deputación + media xornada procedente do Plan Concertado 19.929,82 ¤
IE.- Módulo inicial Deputación + xornada completa procedente do Plan Concertado 25.944,10 ¤
MÓDULOS DO PERSOAL TÉCNICO DE GRADO MEDIO ACHEGAS
IIA.- Módulo inicial Deputación: 6.422,55 ¤
IIB.- Media xornada procedente do Plan Concertado 7.506,30 ¤
IIC.- Xornada Completa procedente do Plan Concertado 15.012,59 ¤
IID.- Módulo inicial Deputación + media xornada procedente do Plan Concertado 13.928,85 ¤
IIE.- Módulo Inicial Deputación + xornada completa procedente do Plan Concertado 21.435,14 ¤
MÓDULOS DO PERSOAL TÉCNICO DE GRADO SUPERIOR ACHEGAS
IIIA.- Módulo inicial Deputación: 6.422,55 ¤
IIIB.- Media xornada procedente do Plan Concertado 9.030,87 ¤
IIIC.- Xornada Completa procedente do Plan Concertado 18.061,74 ¤
IIID.- Módulo inicial Deputación + media xornada procedente do Plan Concertado 15.453,42 ¤
IIIE.- Módulo inicial Deputación + xornada completa procedente do Plan Concertado 24.484,29 ¤
MÓDULO IV: PERSOAL AUXILIAR DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR BÁSICO ACHEGAS
Módulo IV: Para estes efectos, considérase SAF básico aquel cuxas persoas usuarias que, aínda tendo a condición de dependente, non teñen concedida a prestación do servizo e accedan ó servizo en réxime de libre concorrencia. 17.643,83 ¤