Estás en:Servizos Sociais Premios entidades sociais

Premios entidades sociais

Cartel-Boas-practicas-23.jpg

No marco do Plan de Acción Social de Servizos Sociais, e das actuacións en materia de servizos sociais para o ano 2023,  a Sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña convoca o  "III Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais”

Este premio busca recoñecer e premiar o traballo realizado por entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña e que a xuízo desta administración destaquen pola súa labor en defensa dos dereitos da cidadanía e a favor dos grupos máis vulnerables, promovendo un maior benestar social das persoas, grupos e comunidades.

As entidades participantes deberán de desenvolver a súa actividade nalgunha das seguintes áreas:

a) Área de familia, infancia e mocidade.

b) Área de persoas con diversidade funcional.

c) Área de persoas maiores.

d) Área de minorías étnicas e inmigración

e) Área de drogodependencias e outros trastornos aditivos.

f) Área de persoas en situación ou risco de exclusión social.

Establécense catro premios, dotados con 10.000 € cada un deles, para cada unha das seguintes modalidades:

- PROXECTOS: Concederanse tres premios en metálico de 10.000 euros cada un, aos mellores proxectos, xunto coa entrega dunha distinción simbólica e un recoñecemento público.

- TRAXECTORIA: Concederase un premio de 10.000 euros á traxectoria dunha entidade que destaque pola súa implicación en prol da mellora da vida das persoas.

As Bases do premio publicáronse  no BOP núm 217 do  14 de novembro de 2023, e poden consultarse na seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/11/14/2023_0000008981.pdf

Toda a tramitación realizarase de forma telemática a través da plataforma Subtel.

Por resolución do Presidente da Deputación , modifícase o prazo para a presentación de solicitudes  de maneira que o prazo de finaliza ás 14:00 horas do día 15 de xaneiro de 2024.

Nomeamento do xurado

HISTÓRICO DO PREMIO

CONVOCATORIA

ENTIDADE

PROXECTO PREMIADO

2022: II PREMIO, Categoría proxectosDOWN CORUÑADown Experience
TEIMA FERROL"Marcho que teño que marchar"

ASPANAES

Dentisteando

Mención honorífica a ASPRONAGA

Itinerarios académicos post obrigatorios

Categoría traxectoria

Asociación AMBAR das persoas con diversidade funcional

Mención honorífica á entidade INTEGRO

2021: I PREMIO

ASOCIACIÓN DE PADRES DE PERSONAS CON PARÁLISIS
CEREBRAL (ASPACE)

Talentos Inclusivos

ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO

Proyecto FADAS

ASOCIACIÓN UNIDAD DE TRATAMIENTO DEL ALCOHOL Y CONDUCTAS ADICTIVAS LUIS MIGUEL MORAS

Programa HIXÍA