galego | castellano
: Servizos sociais : Premios : Concepción Arenal : 2013

Entrega de premios

ENTREGA DE PREMIOS "CONCEPCIÓN ARENAL"

concepcion arenal.png

A labor de José Luis Muruzábal ao frente da Asociación Pro-Enfermos Mentais de A Coruña (APEM) foi recoñecida de forma unánime polo xurado do premio Concepción Arenal que convoca a Deputación. No mesmo certamen, aa agrupación Aspanaes, de persoas afectadas por Autismo, quedou en segundo lugar e, o terceiro posto foi para as Irmás Hospitalarias de Betanzos Pai Menni.

No caso de APEM, a proposta foi presentada polo presidente da Deputación, Diego Calvo. A súa candidatura foi votada favorablemente por todas as persoas membras do xurado, formado tamén pola deputada da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e  Normalización Lingüística e outros técnicos neste campo.

Segundo recolle a acta do xurado, o primeiro premio exponse como “recoñecemento á traxectoria xeral da entidade, resaltando a entrega de José Luis Muruzábal en favor da consecución dos fins da asociación”.

Na xustificación do segundo premio, o xurado indica a importante tarea desenvolta por Aspanaes na promoción dos servizos sociais de calidade.

Finalmente, o centro das Hermanas Hospitalarias Pai Menni recibiu o galardón pola “traxectoria profesional asistencial adaptada ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual”.

 

concepcion arenal 3.png      concepcion arenal 2.png