galego | castellano
: Servizos sociais : Xornadas servizos sociais

Desenvolvemento das xornadas

"XORNADAS CONCELLOS + SOCIAIS, CONCELLOS + IGUAIS"

Cartel_A3.jpg

Os pasados días 25 e 26 de outubro de 2017 tiveron lugar as "Xornadas Concellos + sociais, concellos + iguais" organizadas pola Sección de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña na sede da Fundación Barrié, na cidade da Coruña.

Nas xornadas o persoal da Sección de Servizos Sociais, Centro de día de menores de Ferrol e Fogar Infantil Emilio Romay da Deputación Provincial da Coruña presentou os diferentes programas en execución en esta materia.

PRIMEIRO DIA

O día 25 a técnica de Servizos Sociais, Paula Filgueiras, presentou á estructura xeral e organizativa da Sección de Servizos Sociais e a continuación, Fernanda Soutullo, traballadora social, deu conta das diferentes iniciativas de apoio á iniciativa social da provincia.

Por último a xefa da Sección, Carolina Buhigas, presentou o Programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios, facendo un repaso pola traxectoria deste programa dende o seu inicio no ano 1997 ata as novidades e propostas de mellora a incluir de cara á anualidade 2018.

A xornada de mañán pechouse cunha Dinámica de detección de necesidades en relación co financiamento dos servizos sociais comunitarios, onde as persoas participantes, organizadas en grupos de traballo, tiveron a oportunidade de debater acerca das necesidades e demandas en esta materia.

Na xornada de tarde a Deputación organizou tres obradoiros de traballo e un obradoiro de distensión sobre o manexo do estrés. 

SEGUNDO DÍA

O segundo día comenzou coa presentación, por parte de María Jesús Aradas, traballadora social da Sección, o Programa de Teleasistencia Domiciliaria e o Programa de filiación de orixe.

A posteriori, a educadora do Centro de día de menores de Ferrol, Jara Echarren, e a directora do Fogar Infantil Emilio Romay, María Carmen Díaz, presentaron os centros de atención á infancia cos que conta a institución provincial.

Seguidamente tivo lugar a Mesa redonda sobre Políticas de igualdade de xénero, coordinadora pola técnica de Igualdade, Eva Ovenza, e que contou coa participación da traballadora social da Sección, Irene Freire, Marta Piñeiro, da Asistencia técnica do Programa socioeducativo "Suprime o control" e Sandra Calvo, da Asistencia técnica da Campaña de prevención de violencia de xénero "Quen dixo medo?".

Para pechar a xornada de mañán tivo lugar a Dinámica de detección de necesidades sobre diferentes programas de servizos sociais e igualdade de xénero.

Na xornada de tarde tiveron lugar dos obradoiros en relación con novas ferramentas e metodoloxías en materia de servizos sociais e mellora da coordinación e prestación de servizos.

Para o peche das xornadas tivo lugar un Obradoiro de expresión corporal e musical.