Camiño Inglés

galego | castellano | english

O Camiño Inglés é un dos itinerarios que transcorre de forma íntegra pola provincia da Coruña. Xa desde a Idade Media, as viaxes en barco desde o norte de Europa (especialmente Inglaterra) para chegar a Santiago, son a raíz do interese histórico deste camiño.

A orixe da ruta pode estar tanto na Coruña como en Ferrol, aínda que ambas versións se unen nas inmediacións de Bruma (Mesía). Trátase do único camiño que pasa por estas dúas cidades da provincia. Saíndo de Ferrol, percórrense ademais os concellos de Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela. O procedente da cidade da Coruña transcorre tamén por Culleredo, Cambre, Carral, Abegondo e Mesía, concello no cal ambos itinerarios se unen e seguen cara a Santiago de Compostela.

Os atractivos que se poden apreciar neste camiño son moi particulares, por exemplo os castelos de San Felipe (Ferrol) e A Palma (Mugardos). Conforman unha espectacular paraxe en combinación coa ría de Ferrol. Desde A Coruña pódese gozar de monumentos como a célebre Torre de Hércules (Patrimonio da Humanidade) ou o Castelo de San Antón. Os parques (por exemplo San Pedro ou Santa Margarita) tamén adornan marabillosamente a cidade. Pero deixando estas dúas cidades (así como tamén o colofón final que supón Santiago de Compostela), no Camiño Inglés pódense ver outros recursos de interese, como o Torreón dos Andrade (Pontedeume), a Igrexa de Santa María (Cambre) ou a espectacular arquitectura de Betanzos. Ademais, o interese desta versión do Camiño vese incrementado pola posibilidade de atopar maior información dos recursos mediante códigos QR, ao longo do itinerario.

Camiño Inglés_esquema.JPG

El libro del camino inglés [ PDF español | PDF english ]

Máis información sobre o Camiño Inglés, aquí