Ecoescola Aula da Reciclaxe As Campeiras

galego | castellano | english

Entidade: Concello de As Pontes Xeodestino: Ferrolterra

 

 

Datas: De luns a venres

Horario: De 9:30 a 15:00

Duración: Entre unha hora e media e dúas horas

Guía: Si

Prezo: De balde

Nº de prazas: Sen límite

CONTACTO DIRECTO CO CENTRO

Teléfono: 981 453 116 (ext. 350 ou ext. 239)

Correo electrónico: emprego@aspontes.org

Páxina web: https://www.auladareciclaxe.es/

 

Centro de educación ambiental orientado á cultura da reciclaxe e á mentalización cidadá sobre a xestión dos refugallos domésticos e urbanos, nun espazo onde ata co mobiliario se consigue predicar co exemplo. Conta con exposición didáctica sobre a regra das "3R" (reducir, reempregar e reciclar), con paneis explicativos sobre o ciclo do lixo, cun percorrido sobre a historia da reciclaxe e con múltiples xogos e recursos interactivos que serven como exemplo de concienciación.