acceso personalizado - solicitude de acceso - correo web
 
Inicio > Contratación

Programa de valoración de ofertas económicas en contratos e concursos

Logo USC
Convenio de Investigación da Deputación da Coruña co Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela - Ano 2010
Manual de usuario [PDF] | Fórmula [PDF]

A nova versión do Programa de Valoración de Ofertas Económicas en Contratos e Concursos permite determinar, se así se desexa, as puntuacións obtidas no caso de reducir o prazo de execución da obra, asignar as valoracións técnicas outorgadas pola comisión correspondente e calcular as puntuacións das ofertas presentadas en función das súas baixas porcentuais respecto do seu prezo de licitación, detectando, no seu caso, as baixas temerarias (incluindo a opción de utilizar a modificación extraordinaria aprobada no apartado 5 do artigo 85 do RD 1098/2001).

 

Paso 1: Datos da Licitación e da Puntuación Máxima

Neste primeiro paso deberá introducir o nome do contrato ou concurso (a), o prezo de licitación do mesmo (b) e a puntuación máxima da valoración económica (c). Tamén deberá premer na casiña (d) se desexa valorar a redución de prazos (en tal caso, solicitaráselle o prazo de execución previsto para a obra en día naturais) e na casiña (e) se quere aplicar a modificación aprobada para a detección de ofertas temerarias en situacións excepcionais. Finalmente, deberá introducir, unha a unha, as empresas que concorren ao concurso (e). Ao finalizar prema no Paso 2 para continuar.

Lembre: Tanto a vírgula coma o punto son considerados separadores de decimais (é indiferente escribir "1234,56" ou "1234.56"), mentres que os miles e os millóns non se poden separar con ningún símbolo.

 

a. Introduza o nome do contrato ou concurso
b. Introduza o prezo de licitación
c. Introduza a puntuación máxima da valoración económica
d. Valorar redución de prazos? Prazo execución da obra (días naturais)
e. Valorar ofertas temerarias por situación excepcional?
f. Introduza os nomes das empresas
  
c. Introduza o número de ofertas ofertas
 
Empresa 1   
Empresa 2   
Empresa 3   

Unha vez introducidas todas, para continuar pulse en Paso 2