Estás en:Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica Desenvolvemento Territorial

Desenvolvemento Territorial

LIMPEZA DE PRAIAS

A finalidade deste programa é apoiar aos concellos da Provincia da Coruña no sostemento dos gastos de limpeza das súas praias marítimas. A través da líña MA100 e cumprindo cos obxectivos de publicidade e transparencia, que garantan os dereitos de igualdade e non discriminación, concorrencia e obxectividade, así como a eficacia e eficiencia na optimización dos recursos públicos, potenciando deste xeito ao mellor mantemento do noso litoral.


ENTIDADES

Apoiamos a entidades privadas sen fins de lucro cuxas actividades ou investimentos no ámbito do medio ambiente se desenvolvan na Provincia da Coruña. A través das liñas DP0031 e DP0036 concédense subvencións en réxime de concorrencia competitiva para financiar proxectos como:
- Voluntariado ambiental
- Difusión e sensibilización ambiental
- Protección e conservación do medio ambiente, e
- Outros proxectos relacionados co cambio climático, sustentabilidade enerxética, desenvolvemento de políticas e estratexias ambientais, posta en valor de recursos naturais ou aquelas que en xeral promovan a participación social no compromiso co medio ambiente.

As liñas DP0035 e DP0037 están destinadas a asociacións protectoras de animais cuxas actividades ou investimentos incidan na protección e defensa de animais domésticos. As actuacións subvencionables deberán respectar as prioridades definidas na Lei 4/2017, de 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia, relacionadas coa recollida, atención e coidado de animais de compañía pertencentes ás especies canina e felina.



 

SUBTEL