galego | castellano
: Normalización Lingüística

 UNIDADE TÉCNICA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

A Unidade Técnica de Normalización Lingüística ten como principal obxectivo incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos da Deputación provincial, e por ende, dos concellos da provincia.

A deputación quere demostrar o seu compromiso co idioma propio prestando especial atención ao proceso de normalización dentro da propia administración, coa galeguización dos seus servizos, pero tamén implicando progresivamente á sociedade en xeral (mocidade, movemento asociativo e empresarial...).

Estamos ao seu dispor para calquera cuestión que se lle poida presentar.

CONTACTO

Avenida do Porto, núm. 2

15006 A Coruña

Teléfono directo 981 080 358 ext.: 1800, 1801, 1802

Enderezo electrónico: normalizacion.linguistica@dicoruna.es

 

 

A Panadaría presentará o 20 de abril a gala dos Premios Youtubeir@s no Teatro Colón
11 de Abril de 2018

A compañía "A Panadaría", formada polas actrices Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro, presentará o vindeiro venres, 20 de abril, ás 20.00 horas no Teatro Colón da Coruña a gala dos Premios Youtubeir@s, aos que aspiran 25 finalistas escollidos polo xurado entre os 230 participantes que concorreron nesta segunda edición. A prestixiosa compañía teatral, que neste 2018 foi a gran triunfadora dos Premios de Teatro María Casares grazas á súa obra "Elisa e Marcela", ofrecerá…

20 de Marzo de 2018

RP 9184 do 15/03/2018 que aproba a concesión provisional de subvencións a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística (SNL) de 2018 no BOP nº 54 do 20/03/2018

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/20/2018_0000002079.pdf

 

O 15 de marzo remata o prazo de inscrición para participar nos Premios Youtubeir@s
14 de Marzo de 2018

O Proxecto Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo e O Grove, as universidades de Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.

A Deputación da Coruña recoñece o impulso ao galego por parte de entidades e persoas co Premio Rosalía de Castro
09 de Marzo de 2018

Recoñecer o traballo de persoas e entidades que contribúen ao proceso de normalización lingüística do galego é o obxectivo do Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que chega xa á súa novena edición.

O Teatro Colón conmemora o Día das Linguas Maternas co documental “A palabra xusta”
19 de Febreiro de 2018

O Teatro Colón da Coruña conmemora o Día das Linguas Maternas coa proxección do documental "A palabra xusta", un filme no que se aborda a vida de Antía Cal, mestra e pedagoga, que durante os anos 60 fundou unha das escolas con maior vangarda pedagóxica de Galiza.