Estás en:Canle de Whatsapp da Deputación da Coruña


Procedemento para darse de alta e baixa

Para xestionar a alta na canle de Whatsapp da Deputación da Coruña os interesados ou interesadas deben:
  1. Gardar como contacto no seu móbil o número 690 115 189.
  2. Enviar un Whatsapp co texto ‘ALTA’ máis o Concello do que desexes recibir a información. Exemplo: ‘ALTA CARIÑO’.
  3. Logo, recibirase unha mensaxe confirmando a alta no servizo.
Con este procedemento, o usuario/a dá o seu consentimento para recibir desde a Deputación da Coruña tanto información de servizo, como diferentes novas da xestión provincial que afecten aos
diferentes municipios e tamén incidencias ou datas de eventos deportivos, culturais, etc.

Para darse de baixa deberá enviarse unha mensaxe ao Whatsapp co texto “BAIXA” e deixará de recibirse a información.

Método de difusión

Os usuarios e usuarias do servizo non poderán ver os datos e información do resto de persoas xa que as novas se envían a través dunha lista de difusión.

A Deputación da Coruña é a administradora do servizo, co que será a propietaria do mesmo e desde onde se remitirán as mensaxes.

Normas de uso

É unha canle de comunicación unidireccional polo que as persoas que se dean de alta no servizo non poderán enviar mensaxes de resposta nin realizar consultas.

Ao darse de alta no servizo acéptanse as condicións e normas de uso expostas. O incumprimento das normas suporá a baixa automática por parte do administrador