Estás en:Lingua Normativa

Normativa

NORMATIVA ORTOGRÁFICA

Nas últimas décadas do XIX nacen as primeiras gramáticas e dicionarios da lingua galega, esenciais para a súa normalización: Compendio de gramática gallega-castellana, de Francisco Mirás (1864) e Gramática Gallega, de Saco e Arce, un estudo serio do idioma galego. Case catro séculos despois da do castelán e tres da do portugués. Todos estes séculos a lingua evolucionou sen normativas nin estudos o que deu lugar á grande variedade lingüística do galego, variedades de formas, de terminacións, de pronuncias,... que deron lugar a múltiples problemas á hora de definir unha única normativa para a nosa lingua.

Dende a primeira gramática foron aparecendo diferentes entidades, grupos e colectivos que loitaron pola normalización da lingua.

En 1982 aparecen as primeiras Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega elaboradas conxuntamente pola Real Academia da Lingua Galega e o Instituto da Lingua Galega. Esta será a primeira normativa oficial, promulgada coa aprobación da Lei de normalización lingüística de 1983.

Esta normativa sufriu unhas pequenas modificacións en 1995.

O día 12 de xullo de 2003 o pleno da Real Academia Galega aprobou a proposta de modificación da normativa. Hoxe esta é a normativa oficial do galego: Normas Ortográficas e Morfolóxicas da Lingua Galega 2003

 

LEXISLACIÓN

ORDENANZA DE USO DA LINGUA GALEGA NA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Portal onde se pode atopar unha completa base de datos con toda a lexislación ditada pola Comunidade Autónoma galega, en galego e consolidada:

Lex.gal

 

A LINGUA E A ADMINISTRACIÓN NAS LEIS (LEXISLACIÓN DE ÁMBITO ESTATAL, AUTONÓMICO E LOCAL)

Na Constitución española de 1978

No Estatuto de Autonomía de Galicia

Na Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Na Lei 5/1988, do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais

Na Lei 5/97 da administración local de Galicia

Na Lei 3/1983, de normalización lingüística

Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Decreto 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.

LEIS EN GALEGO (dereito civil, penal, procesual, laboral, mercantil, administrativo, tributario, internacional...)

LEXISLACIÓN DE CARÁCTER INTERNACIONAL

Declaración Universal de Dereitos Humanos do 10 de decembro de 1948

Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

TERMOS ESENCIAIS DE DEREITO CONSTITUCIONAL