Rede Cultural da Deputación da Coruña 2022
Coa Rede Cultural conectamos o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudamos á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos:
- ESCENA AO VIVO!: Programación profesional de teatro, monicreques, maxia e danza para concellos.
- VISIÓNS!: Programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
- ALICERCE!: Programación de música, danza e teatro non profesional para concellos.
- LINGUA A ESCENA!: Programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega.
Os prazos da convocatoria 2023 serán os seguintes:
Primeira fase: inscrición de espectáculos
* Inicio: o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP
* Fin : 7 de febreiro de 2023 ás 14.00 horas
Ano 2023
2022
2021