Estás en:Lingua O Galego, a miña lingua propia

O Galego, a miña lingua propia

Temos unha lingua que é moi rica e é nosa. Nela pódese facer ciencia, arte, cantar, debuxar e amar. O galego é a nosa lingua propia, un idioma en que se pode facer banda deseñada, rapear, ligar ou viaxar polo mundo enteiro. O galego é a nosa lingua propia e queremos gabarnos dela, porque si, porque nos peta. E temos exemplos abondo nos que nos reflectir!!!!

Potenciar o uso asiduo do galego en todos os ámbitos da vida e afortalar a identidade lingüística da poboación moza, estes son dous dos obxectivos trabe da nova campaña de dinamización lingüística lanzada pola Deputación da Coruña, e que durante os vindeiros meses percorrerá os centros de ensino secundario de 43 concellos da provincia.

A presente campaña diríxese á xente nova á que quere ofrecerlle referentes atraentes para ela, por mor da súa actividade pública e que, ademais, sexan ou poidan constituírse tamén en referentes en canto ao uso da lingua e ás actitudes de compromiso cara a ela. Un proxecto ambicioso e ilusionante e que lle trasladará á mocidade o positivo de empregar o galego, en todos os ámbitos da vida como o fan nos seus respectivos as xentes que forman parte do proxecto en primeira persoa, mais abre a participación a todo o persoal técnico, profesorado, e alumnado que participará de xeito activo, aprendendo e gozando con profesionais de ámbitos tan variados como a música, a literatura, as artes plásticas, o audiovisual, a comunicación, o mundo da moda ou a sanidade, todas elas co galego como lingua propia.

As persoas encargadas das actividades son profesionais destacadas, interesantes polos seus respectivos ámbitos e cun recoñecido compromiso coa lingua e levarán un total de 91 actividades ós centros de educación secundaria dos seguintes concellos da provincia da Coruña : A Baña, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Culleredo, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Oroso, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Vimianzo, Cerceda, Ordes, Frades, Trazo, Tordoia e Mesía.

'O galego, a miña lingua propia' pon en valor que temos un idioma propio, para convencer á mocidade de que o incorpore á súa vida cotiá; tamén busca reafirmar o uso da lingua en mozos e mozas que a usan só nalgúns contextos, crear demanda de falantes de galego, promover a sensibilización idiomática e en definitiva fomentar unha actitude positiva dos e das adolescentes fronte á lingua, gozando con ela de todas as actividades propostas.

LUNS 17 SETEMBRO I DODRO

10H30 GAITAFILMES I OBRADOIRO DE CINE NA AULA

LUGAR: IES EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

XOVES 20 SETEMBRO I CEE

12H20 JAIONE CAMBORDA I O OFICIO DE CINEASTA

LUGAR: IES FERNANDO BLANCO

VENRES 21 SETEMBRO I MUXÍA

13H00 IRENE LOURIDO I 'O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA' NA TELEVISIÓN

LUGAR: IES RAMÓN CAAMAÑO

LUNS 24 SETEMBRO I MESÍA

11H10 IRENE LOURIDO I 'O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA' NA TELEVISIÓN

LUGAR: CPI DE XANCEDA

12H30 IRENE LOURIDO I 'O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA' NA TELEVISIÓN

LUGAR: CPI DE XANCEDA

MARTES 25 SETEMBRO I PONTEDEUME

09H20 JAIONE CAMBORDA I O OFICIO DE CINEASTA

LUGAR: IES FRAGAS DO EUME

MÉRCORES 26 SETEMBRO I OLEIROS

09H20 MJ PÉREZ I MÚSICA E AUDIOVISUAL

LUGAR: IES MIRAFLORES

XOVES 27 SETEMBRO I RIBEIRA

09H00 GAITAFILMES I OBRADOIRO DE CINE NA AULA

LUGAR: IES NÚMERO UN DE RIBEIRA

XOVES 27 SETEMBRO I CARBALLO

16H40 CESTOLA NA CACHOLA I XOGANDO COA MODA ÉTICA

LUGAR: IES ISIDRO PARGA PONDAL

VENRES 28 SETEMBRO I FERROL

10H10 LEANDRO LAMAS I UN DEBUXO PASO A PASO

LUGAR: IES CANIDO

LUNS 1 OUTUBRO I CARNOTA

09H00 MUTANTE CREATIVO I OBRADOIRO DE GRAFFITI E MURALISMO

LUGAR: IES LAMAS DE CASTELO

LUNS 1 OUTUBRO I CARNOTA

11H40 CESTOLA NA CACHOLA I XOGANDO COA MODA ÉTICA

LUGAR: IES LAMAS DE CASTELO

MARTES 2 OUTUBRO I PORTO DO SON

11H10 ALDAOLADO I AL PORQUE SI

LUGAR: IES PORTO DO SON

12H20 ALDAOLADO I AL PORQUE SI

LUGAR: IES PORTO DO SON

MARTES 2 OUTUBRO I COMPOSTELA

17H10 MJ PÉREZ I MÚSICA E AUDIOVISUAL

LUGAR: IES XELMÍREZ II

MÉRCORES 3 OUTUBRO I VIMIANZO

10H45 A RAÍÑA VERMELLA I CHARLA-REFLEXIÓN SOBRE O USO DO GALEGO NA SANIDADE

LUGAR: IES TERRA DE SONEIRA

11H35 LOIS BLANCO I PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE 'FÁLAME DO SILENCIO' E CHARLA CO DIRECTOR

LUGAR: IES TERRA DE SONEIRA

VENRES 5 OUTUBRO I CEE

09H30 MUTANTE CREATIVO I OBRADOIRO DE GRAFFITI E MURALISMO

LUGAR: CPR MANUELA RIAL MOUZO

LUNS 8 OUTUBRO I CULLEREDO

17H10 MJ PÉREZ I MÚSICA E AUDIOVISUAL

LUGAR: IES REGO DE TRABE

MARTES 9 OUTUBRO I COMPOSTELA

11H35 MJ PÉREZ I MÚSICA E AUDIOVISUAL

LUGAR: IES ANTONIO FRAGUAS

MÉRCORES 10 OUTUBRO I TORDOIA

11H15 MONOULIOUS DOP I MÚSICA, DIVERSIÓN E PARTICIPACIÓN

LUGAR: CPI PECALAMA

12H25 MONOULIOUS DOP I MÚSICA, DIVERSIÓN E PARTICIPACIÓN

LUGAR: CPI PECALAMA

XOVES 11 OUTUBRO I CEDEIRA

10H15 CESTOLA NA CACHOLA I XOGANDO COA MODA ÉTICA

LUGAR: IES PUNTA CANDIEIRA

11H05 CESTOLA NA CACHOLA I XOGANDO COA MODA ÉTICA

LUGAR: IES PUNTA CANDIEIRA

LUNS 15 OUTUBRO I ARTEIXO

09H30 MUTANTE CREATIVO I OBRADOIRO DE GRAFFITI E MURALISMO

LUGAR: IES MANUEL MURGUÍA

MARTES 16 OUTUBRO I TRAZO

10H00 MARÍA YÁÑEZ I MAPEANDO O GALEGO NAS REDES

LUGAR: CPI DE VIAÑO PEQUENO

11H40 MARÍA YÁÑEZ I MAPEANDO O GALEGO NAS REDES

LUGAR: CPI DE VIAÑO PEQUENO

MÉRCORES 17 OUTUBRO I FERROL

10H30 A RAÍÑA VERMELLA I CHARLA-REFLEXIÓN SOBRE O USO DO GALEGO NA SANIDADE

LUGAR: IES LEIXA

XOVES 18 OUTUBRO I A POBRA

10H40 CESTOLA NA CACHOLA

LUGAR: IES A POBRA

10H40 LOIS BLANCO I PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE 'FÁLAME DO SILENCIO' E CHARLA CO DIRECTOR

LUGAR: IES A POBRA

VENRES 19 OUTUBRO I FERROL

10H55 LAURA ROMERO I PRESENTACIÓN DO PROXECTO 'AS MULLERES NA MÚSICA GALEGA'

LUGAR: IES SATURNINO MONTOJO

LUNS 22 OUTUBRO I CULLEREDO

17H10 MJ PÉREZ I MÚSICA E AUDIOVISUAL

LUGAR: IES BLANCO AMOR

MARTES 23 OUTUBRO I ORDES

12H10 ALDAOLADO I AL PORQUE SI

LUGAR: IES Nº 1

MÉRCORES 24 OUTUBRO I PONTEDEUME

12H30 ANTÍA OTERO I VERSOS EN PEGATINA

LUGAR: IES BREAMO

VENRES 26 OUTUBRO I BOIRO

10H30 PAULA CARBALLEIRA I HISTORIAS DE ARREPÍO

LUGAR: IES PRAIA BARRAÑA

12H30 PAULA CARBALLEIRA I HISTORIAS DE ARREPÍO

LUGAR: IES A CACHADA

LUNS 29 OUTUBRO I SADA

17H20 JAIONE CAMBORDA I O OFICIO DE CINEASTA

LUGAR: IES ISAAC DÍAZ PARDO

MÉRCORES 31 OUTUBRO I MUROS

09H30 MUTANTE CREATIVO I OBRADOIRO DE GRAFFITI E MURALISMO

LUGAR: IES FONTEXERÍA
MÉRCORES 31 OUTUBRO I MUROS

10H30 ANTÍA OTERO

LUGAR: IES AS INSUAS

LUNS 5 NOVEMBRO I CARBALLO

15H10 ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL I AULAS SEN PAREDES

LUGAR: IES MONTE NEME

MARTES 6 NOVEMBRO I CAMBRE

16H30 ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL I AULAS SEN PAREDES

LUGAR: IES AFONSO X O SABIO

LUNS 12 NOVEMBRO I OLEIROS

12H30 PAULA CARBALLEIRA I HISTORIAS DE ARREPÍO

LUGAR: IES NEIRA VILAS

MARTES 13 NOVEMBRO I PONTECESO

10H10 DAVIDE SALVADO I MÚSICA TRADICIONAL DESDE E PARA A CONTEMPORANEIDADE

LUGAR: IES EDUARDO PONDAL

11H30 DAVIDE SALVADO I MÚSICA TRADICIONAL DESDE E PARA A CONTEMPORANEIDADE

LUGAR: IES EDUARDO PONDAL

VENRES 16 NOVEMBRO I TEO

10H45 JAIONE CAMBORDA I O OFICIO DE CINEASTA

LUGAR: IES CACHEIRAS

13H35 JAIONE CAMBORDA I O OFICIO DE CINEASTA

LUGAR: IES CACHEIRAS

LUNS 19 NOVEMBRO I SADA

16H10 XURXO SOUTO – SOMOS UN POBO DE ARTISTAS !

LUGAR: IES MOSTEIRÓN

MARTES 20 NOVEMBRO I OLEIROS

11H20 PAULA CARBALLEIRA I HISTORIAS DE ARREPÍO

LUGAR: IES MARÍA CASARES

MÉRCORES 21 NOVEMBRO I CAMBRE

10H30 ANTÍA OTERO I VERSOS EN PEGATINA

LUGAR: IES DAVID BUJÁN

VENRES 23 NOVEMBRO I ORDES

13H00 LAURA ROMERO I PRESENTACIÓN DO PROXECTO 'AS MULLERES NA MÚSICA GALEGA'

LUGAR: IES MARUXA MALLO

VENRES 30 NOVEMBRO I SANTIAGO

09H35 GAITAFILMES I OBRADOIRO DE CINE NA AULA

LUGAR: IES SAN CLEMENTE