Nesta web de Medio Ambiente atoparás información actualizada sobre as subvencións que convoca cada ano a Deputación da Coruña para entidades e concellos. Así mesmo, poderás ver, e inscribirte, aos cursos de medio ambiente e cooperación que se vaian programando, destinados a calquera persoa con domicilio na Provincia da Coruña. Tamén che daremos conta dos obradoiros que organicemos para nenos e nenas, do boletín de medio ambiente que publicamos cada semana e moita máis información útil.
FOTO AMBIENTAL DA SEMANA
1
14
Formadora da cooperativa 13 Grados impartindo o obradoiro infantil Mergullando dende a clase, que a Deputación da Coruña levou a 10 colexios da provincia.

Membro da CEMMA preparando a expo Golfiños á proa que exhibirá a Deputación da Coruña en Fisterra, Arteixo, Melide e Boiro a partires de setembro de 2025. Foto Dani Gestoso.

Membro de Morcegos de Galicia instalando unha rede de caixas refuxio para morcegos nos terreos do Pazo de Mariñán, propiedade da Deputación da Coruña

Brigada deseucaliptizadora de Verdegaia retirando eucaliptos para substituílos por especies autóctonas. Verdegaia.

Lixo mariño retirado por Mar de Fábula nunha das limpezas na Costa da Morte. "Non é o noso lixo, pero si é o noso Planeta", aclaran dende Mar de Fábula.

Golfiño común, Delphinus delphis. Este golfiño que tiña moitas dificultades de natación acompañou ao barco durante moito rato chamando a atención. Apareceu varado morto, a necropsia desvelou unha grave afección da súa saúde. Foto: CEMMA
Obradoiro de bioconstrución na ETSAC. Testáronse cerramentos KM cero realizados con materiais naturais e técnicas respectuosas co medio natural, potenciando a adaptación ó lugar e o consumo eficiente, como tecnoloxía para o ben común. Asociación HABITAMOS

Prantación de árbores autóctonas nunha parcela deseucaliptizada, realizada pola Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula con axuda de voluntariado ambiental e fondos económicos achegados pola Asociación e a Deputación da Coruña

Marcando un rato de campo para o proxecto SEMICE (Seguimento de MIcromamíferos Comúns de España). Foto: Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes, G.E.A.S.

Píntega común (Salamandra salamandra) observada durante os traballos de recuperación ambiental dos lavadoiros ulláns. Foto de Miriam Miramontes (asociación AMABUL).

Voluntarios/as de Noia Limpa, na sede da Escola de Surf As Furnas, caracterizando o lixo recollido tras a limpeza da praia de Rio Sieira (Porto do Son). Foto: Noia Limpa
Medioambiente
Enderezo: Avenida Porto da Coruña nº2,
15003 A Coruña (Ver mapa)
Teléfono: 981 080 704
email: medioambiente@dacoruna.gal