Un outono cheo de letras

Un outono cheo de letras é unha campaña de dinamización lingüística destinada á promoción do libro e da lectura en galego arredor do Día das Bibliotecas.
A campaña ten dous obxectivos fundamentais:
- Fomentar a lectura e os libros en galego e a importancia destes no desenvolvemento das persoas.
- Apoiar o sector do libro galego e darlles visibilidade aos seus múltiples axentes: escritoras e escritores, editoras, librarías, deseño e ilustración, imprentas etc.
Co cancelo #UnOutonoCheodeLetras a cidadanía será unha vez máis protagonista no desafío de espallar os contidos e o lema da campaña a través das redes sociais. Deste xeito, as persoas que se sumen aos valores en prol do libro e a lectura desta iniciativa, facendo interacción co material difundido desde as propias redes da Deputación da Coruña, entrarán no sorteo de dez bonos-libro valorado en 100 euros para mercar libros en lingua galega en calquera libraría da nosa provincia.
Entrevistas coas autoras e autores
- Loli Rodríguez
- Sés
- Antía Yáñez
- Sandra Lodi
- Carlos Labraña
- Paco Martín
- Margarita Ledo Andión
- O Faiado
- Illa Bufarda
- Carmela González (Biblos)
- Carlos Callón

Un outono cheo de letras. Recursos audiovisuais 


