Estás en:Deporte Bolsas

Bolsas

Máis de 60 achegas destinadas a apoiar a práctica e o rendemento en disciplinas individuais de deportistas da provincia, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e á obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como a facilitar a súa participación en eventos deportivos.

Mediante estas bolsas a Deputación da Coruña contribúe dende hai anos ao acceso a unha preparación integral axeitada das persoas deportistas da provincia nas disciplinas olímpicas e paralímpicas.

Como novidade, dende o ano 2026 créanse catro bolsas para deportes non olímpicos -unha por cada grupo de idade- como resposta á demanda xurdida polos cambios no listado de disciplinas olímpicas que adoita facer o Comité Olímpico Internacional.