Estás en:Deporte Circuito de piragüismo

Circuito de piragüismo

PARTICIPANTES

Poderán participar no “I CIRCUITO DE PIRAGÜISMO EN AUGAS TRANQUILAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA”, todos os clubs da provincia que están a desenvolver a modalidade de augas tranquilas.

En cada unha das regatas que integran este I Circuíto competirán participantes das categorías base dos clubs da provincia con idades entre 6 e 16 anos repartidos nas seguintes categorías e modalidades:

Modalidade

Categorías

Idades

(anos cumpridos no 2022)

Caiac homes

Pre-benxamín

6-8

Benxamín

10

Alevín B

11

Alevín A

12

Infantil B

13

Infantil A

14

Cadete

15-16

Caiac mulleres

Pre-benxamín

6-8

Benxamín

10

Alevín B

11

Alevín A

12

Infantil B

13

Infantil A

14

Cadete

15-16

Canoa homes

Infantil B

13

Infantil A

14

Cadete

15-16

Canoa mulleres

Infantil B

13

Infantil A

14

Cadete

15-16

Paracanoe

Cadete

15-16

Na tempada 2022 os clubs con actividade da modalidade de piragüismo en augas tranquilas da provincia da Coruña son os seguintes:

  • Club Rías Baixas-Naut.Boiro
  • Club Grupo Xuvenil de As Pontes
  • Club Náutico Ría de Betanzos
  • Club Kayak Mar Ría Muros Noia
  • Sociedade Deportiva As Xubias
  • Club Náutico de Cambre
  • Club Dep.Náutico de Miño
  • Club Ribeiras do Tambre
  • Club Cabanas KDM
  • Club Náutico Firrete
  • Club Piragüismo Rianxo
  • Club Piragüismo Narón
  • Escola de Piragüismo Outes

LUGARES E DATAS DE CELEBRACIÓN

As regatas do “I CIRCUITO DE PIRAGÜISMO EN AUGAS TRANQUILAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA

CORUÑA”, terán lugar nunha xornada, cunha duración aproximada de 5 horas nas datas e lugares seguintes :

Data

Denominación da proba

Lugar de celebración

24/04/22

I Circuíto Deputación Coruña. Narón

NARÓN. (R. Xubia )

15/05/22

I Circuíto Deputación Coruña. Boiro

BOIRO. (Porto deportivo )

05/06/22

I Circuíto Deputación Coruña. Betanzos

BETANZOS. (Río Mandeo )

21/07/22

I Circuíto Deputación Coruña. Ames

AMES.( Río Tambre )

06/08/22

I Circuíto Deputación Coruña. Outes

OUTES.( Pontenafonso )

04/09/22

I Circuíto Deputación Coruña. As Pontes

AS PONTES.(Lago)

Estas datas poderán ser modificadas, logo de petición razoada e autorización da Deputación.

INSCRICIÓN E COMPROMISO DE PARTICIPACIÓN.

A inscrición realizarase a través da Federación Galega de Piragüismo, polo que cada entidade poderá inscribir un número ilimitado de deportistas.

Os custos da inscrición serán de balde para os participantes.

O prazo de inscrición dos participantes para tomar parte no “I CIRCUITO DE PIRAGÜISMO EN AUGAS TRANQUILAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA” iniciarase ao día seguinte da publicación destas bases na páxina web da Deputación Provincial da Coruña, e rematará 7 días antes do inicio da competición ás 15:00 horas.

Os equipos participantes enviarán á Federación Galega de Piragüismo o compromiso de participación no “I CIRCUITO DE PIRAGÜISMO EN AUGAS TRANQUILAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA” .

Os participantes deberán estar en posesión de licenza federativa para a tempada 2022, e non existir sobre eles sanción de ningunha clase na data fixada para a inscrición.

Non estarán autorizados a participar os padexeiros/as con licenzas federativas pertencentes a clubs distintos aos participantes.

A substitución, baixa, ou alta dalgunha das entidades participantes deberase comunicar á Deputación con antelación suficiente á realización da regata para autorizar calquera cambio.

Todos os participantes no “ I CIRCUITO DE PIRAGÜISMO EN AUGAS TRANQUILAS DEPUTACIÓN

PROVINCIAL DA CORUÑA”, polo simple feito de realizar a inscrición aceptan as presentes bases e, no caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.

DESENVOLVEMENTO E NORMATIVA DAS COMPETICIÓNS. Desenvolvemento:

A competición organízase nun sistema de Circuíto integrado por 6 regatas, que terán lugar na provincia da Coruña.

En cada unha desas regatas competirán as categorías e modalidades sinaladas no apartado 1 (participantes) das presentes bases.

Establécense clasificacións individuais e por equipos para cada regata. E unha clasificación final do Circuíto por equipos.

Para cada regata establecerase o percorrido que sexa máis axeitado ao lugar de realización da regata, tendo como referencia a distancia de 1500 m para benxamíns e alevíns, e 3000 m para infantís e cadetes.

Predominantemente empregaranse embarcacións individuais, pero poderán empregarse embarcacións de dous tripulantes nalgunha das regatas.

Para os efectos de puntuación para a clasificación por equipos de cada regata do Circuíto unicamente se computarán os participantes que entren en meta antes do feche de control establecido para cada regata, modalidade e categoría. Este tempo variará en función da distancia que en cada localidade se poida practicar.

Todos/as os/as padexeiros/as que entren en meta dentro do tempo establecido de control sumarán a puntuación á clasificación final por clubs da regata en función de seu posto de entrada:

Posto

Puntos

1º/1ª

130

2º/2ª

127

3º/3ª

124

4º/4ª

122

5º/5ª

121

6º/6ª

120

7º/7ª

119

8º/8ª

118

9º/9ª

117

Nº/Nª

126-N

As embarcacións dobres (K-2 e C-2), puntuarán o dobre que as individuais.

Outorgarase unha clasificación final por clubs en cada regata, en función das puntuacións finais sumadas polos/as integrantes de cada entidade.

E a teor desta posición, cada club sumará a seguinte puntuación de cara á clasificación final do

I Circuíto Provincial de Piragüismo Augas Tranquilas” :

1º Club Clas. ……70 puntos

2º Club Clas. ……67

3º Club Clas. ……65

4º Club Clas. ……64

5º Club Clas. ……63, etc.

A clasificación final por clubs do “I CIRCUITO DE PIRAGÜISMO EN AUGAS TRANQUILAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA” realizarase coa suma das mellores 5 puntuacións nas 6 regatas que o compoñen.

Composición das quendas:

Non se establecerán quendas clasificatorias para a realización das regatas, de xeito que se garantirá a participación de todos os participantes na súa categoría.

Reunión de delegados:

Terá lugar nas inmediacións da zoa de competición de cada unha das regatas das que integran o “I CIRCUITO DE PIRAGÜISMO EN AUGAS TRANQUILAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA

CORUÑA”, co obxecto de dispor a orde de saída dos participantes. Efectuarase 1 hora antes do comenzo da proba.

Comité de Competición:

É a máxima autoridade da competición e estará formado de acordo co art. 51 do R.G.e T.C

Campo de regata:

Constará dun percorrido que deberá ser medido e sinalizado por medio de bandeiras ou balizas moi visibles situadas sobre as boias e distribuído, o máis axeitado posible, co obxecto de adaptar o Campo de regata ás características do emprazamento para unha maior visibilidade da proba. Estará definido e identificado (medidas, traxecto, etc.) no momento da inscrición das probas.

Balizaxe do Campo de regata:

O club da localidade é o encargado da montaxe do Campo de regata, que disporá dos medios necesarios para poder levar a cabo a devandita balizaxe. A liña de saída e a liña de chegada deberán marcarse con balizas vermellas no punto en que estas liñas corten os límites exteriores do percorrido. Estará balizado, de ser posible, o día anterior ao desenvolvemento da proba ou, en todo caso, no mesmo día da realización da regata.

Normativa:

Serán de aplicación as establecidas nos Regulamentos e Estatutos da Federación Galega de Piragüismo, ou no seu caso, no Regulamento Xeral e Técnico de Competicións da Federación Española de Piragüismo. Só poderán participar clubs da provincia da Coruña.

Seguridade na realización das regatas:

A realización da cada unha das regatas que integran o “ I CIRCUITO DE PIRAGÜISMO EN AUGAS TRANQUILAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA” contará con:

Un espazo de estacionamento específico para furgonetas e remolques de embarcacións dos clubs participantes.

Permisos necesarios para o ocupamento, tanto do campo de regatas como dos espazos terrestres necesarios para a realización do evento. Así como de restrición do tráfico se fose necesario.

Medidas necesarias para a seguridade e a prevención da violencia dos participantes e persoas espectadoras.

Asistencia sanitaria correspondente a todos os deportistas a través dos mecanismos que se establezan na legalidade vixente.

Seguro de responsabilidade civil derivada dos danos causados aos participantes ou persoas espectadoras como consecuencia da organización e da realización da proba.

Seguridade dos deportistas:

En cada unha das regatas:

Realizarase un control previo individual a cada participante das medidas de flotación da embarcación, así como da idoneidade do chaleco salvavidas obrigatorio (talla axeitada, estado de conservación e colocación).

Contará con embarcacións de apoio para organización da proba, e para asistencia de accidentes ou envorcaduras que poidan suceder durante esta. Polo menos en tres puntos do percorrido.

Disporá de asistencia médica de urxencia, no espazo da competición, e de transporte urxente a centro médico. Durante todo o evento.

Contará cun protocolo de evacuación en caso de accidente.

Protocolo Covid-19:

Garantirase o cumprimento do establecido no protocolo FISICOVID-DXTGALEGO polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19 no ámbito do deporte federado de Galicia, vixente no momento da celebración da bandeira.

PREMIOS.

En cada regata deste Circuíto entregaranse medallas/trofeo aos/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría e modalidade, ademais de trofeos aos tres primeiros clubs.

Todos os trofeos terán que ter ben visible o logo da Deputación da Coruña

Con base no sistema de puntuación para a clasificación final por clubs sinalado na base 4 (desenvolvemento e normativa das competicións) “I CIRCUITO DE PIRAGÜISMO EN AUGAS

TRANQUILAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA”, outorgaranse os seguintes premios, en función da clasificación obtida:

Posto Final club

Importe

1

2.700 €

2

2.250 €

3

1.800 €

4

1.500 €

5

1.500 €

6

1.500 €

7

750 €

8

750 €

9

750 €

10

450 €

11

450 €

12

300 €

13

300 €

Non se concederán premios en metálico de carácter individual.

Para poder optar aos premios da clasificación dos clubs deberán participar, como mínimo, en 4 das 6 regatas que integran o Circuito.

PAGOS

A Deputación aboará os premios citados na base 5 directamente aos clubs participantes, en función da clasificación obtida e á vista da certificación expedida pola Federación Galega de Piragüismo na que se acrediten os resultados das regatas.

Coa finalidade de percibir os premios, que se aboarán mediante transferencia bancaria, os clubs participantes deberán entregar á entidade que resulte adxudicataria do contrato da organización e coordinación do “I CIRCUITO DE PIRAGÜISMO EN AUGAS TRANQUILAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA” a seguinte documentación:

  • Autorización para que a Deputación poida obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesourería da Seguridade Social e da Deputación Provincial da Coruña, nas que se acredite que está ao corrente das súas obrigas.

  • Designación da conta bancaria na que se efectuarán os aboamentos, conforme ao modelo normalizado que figura na páxina web www.dacoruna.gal (só no caso de non tela presentado na Deputación, ou ter sufrido variación)

  • Fotocopia do CIF do club. (só no caso de non tela presentado na Deputación, ou ter sufrido variación).

  • Enderezo de correo electrónico de notificación.

DIFUSIÓN PUBLICITARIA.

Na realización de cada unha das regatas que integran o “I CIRCUITO DE PIRAGÜISMO EN AUGAS TRANQUILAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA”, a Federación Galega de Piragüismo, deberá facer constar a colaboración da Deputación, de acordo co seguinte :

Colocar 1 lona detrás do podio de cada competición de medidas mínimas 3 x 1m Colocar 2 fly banner o máis preto posible da saída da competición.

Difundir as imaxes de TV en cada regata a través do programa da CRTVG, Padexando.

Publicitar na páxina web da Federación Galega de Piragüismo cada unha das regatas, mediante o cartel oficial da regata, actas de clasificación , fotos da regata, fotos dos podio, e remitila á Deputación Provincial da Coruña, para a publicación na súa páxina web.

Tamén se publicarán os resultados nas diferentes redes sociais e de difusión escrita.

A Deputación resérvase o dereito a incluír calquera material publicitario no evento sendo a federación a encargada de montar e desmontar o devandito material subministrado pola deputación (lonas, pancartas, fly banner, arcos, etc.)

Bases aprobadas por RP nº 11451/2022, do 4 de marzo de 2022