Estás en:Deporte Circuito de carreiras

Circuito de carreiras

O “VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña” desenvolverase segundo as seguintes

BASES

1. PARTICIPANTES

Poderán participar no VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, todas as persoas interesadas, integradas nas seguintes categorías:

CATEGORÍA

IDADE

MENORES

Sub10

Nados/as en 2013-2014

Sub12

Nados/as en 2011-2012

Sub14

Nados/as en 2009-2010

Sub16

Nados/as en 2007-2008

Sub18

Nados/as en 2005-2006

ABSOLUTA

Sub20

Nados/as en 2003-2004

Sub23

Nados/as en 2000-2001-2002

Sénior

Nados/as en 1999 ata 1988

Máster 1

Nados/as en 1987 ata 1982

Máster 2

Nados/as en 1981 ata 1972

Máster 3

Nados/as en 1971 ata 1962

Máster 4

Nados/as a partir do ano 1961

Todos os participantes no circuíto, polo simple feito de realizar a inscrición nalgunha carreira popular que o integra, aceptan todas e cada unha das presentes regras e no caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da organización do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña.

As inscricións en cada unha das carreiras populares poderase efectuar a través do sistema en liña na páxina web da FGA www.carreirasgalegas.com salvo no caso de que a organización respectiva desexe habilitar outro sistema.

A listaxe depersoas inscritas será publicada na web da FGA e actualizada diariamente.

2. INSCRICIÓN DOS CONCELLOS E SELECCIÓN DAS CARREIRAS

Inscrición dos concellos

Logo da aprobación das presentes bases os concellos interesados en participar no VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, presentarán a súa solicitude de participación dentro do prazo indicado pola Deputación Provincial da Coruña.

Os concellos interesados só poderán solicitar unha única carreira popular, que terá que axustar o seu desenvolvemento ás bases aprobadas pola Deputación Provincial da Coruña.

As solicitudes para participar no VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña” presentaranse de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).

A tramitación telemática aplicaráselle a todas as fases do procedemento (solicitude e concesión) e incluiranse en cada unha delas as notificacións e as comunicacións, os requirimentos de información e documentación e máis os envíos de documentación que fosen necesarios para tramitar os expedientes.

Criterios de selección das carreiras

Os criterios de selección das carreiras que formarán parte do circuíto, son os que se sinalan deseguido:

1.- Antigüidade da carreira no calendario da Federación Galega de Atletismo (1 punto por ano de antigüidade, ata un máximo de 5 puntos).

2.- Número de participantes (na carreira do ano 2018 e do ano 2019) en tres grupos diferenciados:

De categoría sub20 a máster. Outórganse 0,10 puntos por corredor/a

Sub14, sub16 e sub18. Outórganse 0,15 puntos por corredor/a

Sub12 e sub10. Outórganse 0,15 puntos por corredor/a

3.- Homologación do circuíto (10 puntos por carreira incluída no calendario nacional ou galego, nos anos 2018 e 2019).

4.- Carreira con cronometraxe de chips (10 puntos por carreira con cronometraxe de chips).

5.- Carreira que conte cun número de edicións celebradas inferior a 10 (0,5 puntos por edición realizada)

6.- Poderán terse en conta criterios de localización xeográfica e calendario de realización das carreiras, ata un máximo de 10 puntos.

Relación da selección das carreiras que formen parte do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña

A Deputación Provincial da Coruña, mediante resolución da Presidencia aprobará a relación das 30 carreiras que integrarán o VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, así como a relación do resto das carreiras que optaron a participar no VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”, e que quedarán como suplentes, para o caso de que se produzan baixas.

A relación das 30 carreiras que integren o VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, queda condicionada á formalización en documento administrativo do contrato correspondente para a coordinación e control técnico do citado circuíto. De xeito que non formarán parte do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”, as carreiras que se celebren antes de formalizar o correspondente contrato en documento administrativo.

No caso de que unha das carreiras fose seleccionada, por resolución da presidencia, para participar no VIII Circuito, e na data do seu comenzo o contrato administrativo non se houbese formalizado en documento administrativo, terá que modificarse a data da carreira para formar parte do VIII Circuito.

A selección das 30 carreiras que integrarán o VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña” realizarase, logo da puntuación obtida en función da aplicación dos baremos establecidos para a selección das carreiras populares, do seguinte xeito:

a) 25 primeiras carreiras. Serán aquelas carreiras que obtivesen a maior puntuación de todas as solicitudes presentadas para formar parte do “VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”.

b) 5 carreiras restantes. Serán aquelas carreiras que nunca formaron parte das anteriores edicións do circuíto de carreiras, organizado pola Deputación provincial e que obtivesen a maior puntuación de entre as solicitudes presentadas para formar parte do “VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”.

Baixas, altas, ou modificación de datas das carreiras que formen parte do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña

A carreira popular que incumpra as bases aprobadas pola Deputación provincial, despois do informe da Federación Galega de Atletismo e a conformidade da Deputación Provincial da Coruña, causará baixa e será, excluída do circuíto provincial de carreiras populares, mediante resolución da Presidencia.

Esta exclusión implica a inhabilitación do concello a participar durante dous anos no circuíto provincial de carreiras populares, caso de ser convocado pola Deputación provincial.

De producirse baixa dalgunha carreira das que integran oVIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”, entrará a formar parte deste a seguinte carreira (das da listaxe de suplentes) sempre e cando fose posíbel pola data da súa celebración.

A Deputación Provincial da Coruña, despois de petición razoada e autorización da Federación Galega de Atletismo, poderá, mediante resolución da Presidencia, autorizar o cambio na data da celebración da carreira, integrante no presente circuíto.

En ningún caso se autorizará cambio de data cando a petición se realice logo da data prevista inicialmente para a celebración da carreira (data que consta na resolución de Presidencia que designa as carreiras que integran o VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”).

De non celebrarse unha das carreiras, sen coñecemento previo da Deputación da Coruña, con antelación suficiente para integrar no Circuíto unha nova carreira, esta causará baixa e será excluída do circuíto provincial. Esta exclusión implica a inhabilitación da entidade solicitante para participar durante dous anos no circuíto provincial de carreiras populares, caso de ser convocado pola Deputación provincial.

De non poder celebrarse unha das carreiras, por causa de forza maior, a entidade solicitante terá ata 10 días (dende o día da causa de forza maior) para propoñer á FGA unha nova data que será comunicada á Deputación para a súa aprobación. De non facelo neste prazo, causará baixa e quedará excluída do circuíto. Esta exclusión implica a inhabilitación da entidade solicitante para participar durante dous anos no circuíto provincial de carreiras populares, caso de ser convocado pola Deputación provincial.

A inclusión dunha nova carreira, farase mediante resolución da Presidencia.

3. DESENVOLVEMENTO E NORMATIVA DAS COMPETICIÓNS

En todas as probas desenvolveranse carreiras para todas as categorías: desde as inferiores ata as veteranas.

O VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, estará controlado tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo, a través das súas delegacións na Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, así como polo Departamento de Estatística da Federación Galega de Atletismo.

As carreiras populares que formen parte do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, deberán estar incluídas no calendario de probas da Federación Galega de Atletismo, e deberán facer constar na súa cartelería o logotipo da Deputación Provincial da Coruña” xunto coa lenda “VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña

As carreiras populares que integran o circuíto están suxeitas aos criterios mínimos obrigados que se establecen oficialmente para a organización de carreiras en ruta, aprobadas pola Xunta Directiva da Federación Galega de Atletismo e publicadas na circular número 68/2008.

As carreiras populares que formen parte do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, deberán cumprir os seguintes requisitos de seguridade:

* Cumprimento das actuais normativas de seguridade viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia que estipulan os requisitos que as autoridades esixen para a autorización da celebración de probas deportivas na vía urbana, recollidos no Real decreto 1428/2003, do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306, do 23 de decembro de 2003, sobre a ocupación da vía pública.

* Contratación dun seguro de responsabilidade civil do organizador, e un seguro de accidentes deportivos para os participantes das diversas carreiras populares que formen parte do circuíto, de acordo co establecido no Real decreto 849/1993, do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes, incluído o seguro obrigatorio deportivo).

  • Peche ao tráfico do circuíto.
  • Vehículos de apoio.
  • Sinalización do itinerario.
  • Vehículo de apertura e peche.
  • Servizos sanitarios: médico e ambulancia.
  • Persoal auxiliar.

Así mesmo, as entidades organizadoras deberán axustarse, nos seus regulamentos ás categorías sinaladas no apartado 1.- participantes-.

Excepcionalmente poderán admitirse outras denominacións nas diferentes categorías que formen parte da carreira, ou por razóns da poboación participante á agrupación das idades nas categorías.

Para os efectos de facer a clasificación do circuíto, estan obrigados a enviar no prazo de 3 días despois do remate da carreira os resultados de todas as carreiras en formato Excel ao seguinte enderezo de correo electrónico: competicion@atletismo.gal.

Os devanditos resultados terán que ter os seguintes datos: nome, apelidos, data de nacemento, categoría , club , número de licenza e NIF.

Este incumprimento será motivo de exclusión da carreira do circuíto provincial de carreiras populares.

No caso de coincidir en data de celebración, dúas ou máis carreiras do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, unha/s delas deberán cambiar a data nun prazo máximo de 48h dende o momento da notificación da coincidencia de datas de celebración das carreiras populares. De non existir acordo, terá prioridade a que teña maior puntuación na valoración.

A organización resérvase a potestade de cambiar os percorridos definidos, probas convocadas ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos participantes co tempo suficiente.

A organización de cada proba, así como os premios ou agasallos que cada organizador considere axeitado contemplar na súa proba, son independentes da organización deste circuíto, e serán proporcionados polos concellos ou entidades organizadoras.

Ningún/ha atleta federado/a poderá competir con outro club que non sexa o que figure na súa licenza correspondente. No caso de que se producise esta situación, o/a atleta será descualificado/a automaticamente. Por outra banda, os/as atletas que sexan sancionados por dopaxe, tampouco poderán optar aos premios por participación nas carreiras, nin a clasificacións en ningunha das probas que compoñen o circuíto, nin á clasificación final do circuíto. Do mesmo modo, ningún/ha atleta que se inscriba como integrante dun club, poderá formar parte doutro club durante o desenvolvemento de ningunha das probas que integran o circuíto.


A participación noVIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”, non supón ningún dereito nin privilexio respecto das normas e regulamentos esixidos na convocatoria de cada unha das probas, polo que cada corredor/a terá que aceptar as bases que regulen as competicións de cada unha das probas que o integran.

As descualificacións de atletas nunha carreira levará aparellada a perda de todos aqueles puntos e posibles premios obtidas polo/a atleta infractor/a na proba de que se trate, e non serán tidas en conta para os efectos de puntuación do seu equipo.

Consideraranse as seguintes condutas antirregulamentarias do/a atleta:

  • Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.

  • Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor.

  • Non pasar polos controis de carreira establecidos.

  • Non realizar o percorrido de carreira completo.

  • Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces/zas.

  • Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.

  • Pretender participar na carreira popular sen terse inscrito previamente.

  • Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non sexa motivo de expulsión do circuíto.

  • Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.

  • Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.

  • Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.

  • Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en contra do espírito deportivo.

  • Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo do Comité poidan ser consideradas como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.

Nas respectivas carreiras o persoal organizador terá a potestade de esixir o DNI, tanto na entrega de dorsais, como na entrega de premios ou agasallos. Ante a ausencia de documentación ou dúbida sobre ela, será a organización de cada carreira quen resolva a incidencia, autorizando ou denegando tanto a participación do/a atleta como a entrega da premios ou agasallos por participación nas carreiras.

O Comité Organizador estará integrado por:

  • Presidente/a: Persoa designada pola Deputación Provincial da Coruña.
  • Vicepresidente/a: presidente da FGA ou persoa na que delegue.

Vogais:

  • Un/ha representante da organización de cada unha das probas do circuíto.
  • Un/ha representante das delegacións da FGA en Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña.
  • Un/ha representante dos concellos no que se desenvolverán as probas que compoñen o circuíto.

A súa función principal será resolver aspectos organizativos para garantir o bo desenvolvemento de cada unha das probas.

Este comité reunirase só en caso de necesidade e a súa función fundamental será resolver cuestións técnicas que se produzan nas distintas probas e que poidan afectar ao circuíto (anomalías na participación, clasificacións, etc.)

O Comité de Competición do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”, actuará logo de denuncia presentada por escrito nos 3 días seguintes á carreira na que se cometeu a infracción.

Examinada a denuncia polo Comité, trasladarase a dita denuncia á persoa interesada para que, nos 5 días seguintes, realice as alegacións oportunas.

Transcorrido o prazo, con ou sen presentación de alegacións, o Comité resolverá o que proceda; sendo a súa decisión única e inapelable.

O Comité resérvase o dereito de actuar de oficio cando concorran causas excepcionais que así o aconsellen.

4.- PREMIOS.

En cada unha das carreiras que integran o circuíto haberá premios por participación nas carreiras aos mellores clasificados individuais para os/as tres primeiros/as clasificados/as en cada carreira, segundo a súa categoría, ou outros posibles premios ou agasallos que serán determinados e achegados pola organización de cada carreira. Estos premios ou agasallos que cada organizador considere axeitado contemplar na súa proba, son independentes dos da organización deste circuíto, e serán proporcionados polos concellos ou entidades organizadoras.

Os premios por participación nas carreiras aos mellores clasificados do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”, outorgaranse ás clasificacións individuais e por clubs, tras o cómputo de todas as probas que compoñen o circuíto, de acordo co seguinte:

Clasificación individual: Haberá dúas categorías:

1.- Categoría Absoluta: Outorgaranse premios en metálico e trofeo aos/ás tres primeiros/as gañadores/as da categoría absoluta para homes e para a categoría absoluta para mulleres.

2.- Categoría Menores e Máster: Outorgaranse trofeos aos/ás tres primeiros/as gañadores/as das categorías de menores e de veteranos/as.

Para poder optar aos premios da Clasificación Xeral Individual (só na categoría absoluta), no VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña, os/as atletas deberán ter participado como mínimo no 50% das carrerias celebradas no 2022”

Esta clasificación estará determinada pola posición acadada en cada carreira.

Puntuarán en cada carreira os/as 10 primeiros/as, outorgando 10 puntos ao/á primeiro/a; 9 puntos ao/á segundo/a……. e así sucesivamente ata o/a décimo/a que terá 1 punto.

Ao final do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”, sumarase a puntuación de cada participante nas diversas carreiras para establecer a clasificación xeral.

Clasificación por clubs: Haberá dúas categorías:

1.- Categoría por club de Menores: cómputo total de participantes de cada club nas categorías Sub10, Sub12, Sub14, Sub16 e Sub18 nas diferentes carreiras que compoñen o circuíto.

Outorgaranse trofeos aos/ás tres primeiros/as gañadores/as das categorías de menores.

2.- Categoría por club Absoluta: cómputo total de participantes de cada club no resto de categorías (que non sexan as categorías para menores) nas diferentes carreiras que compoñen o circuíto.

Outorgaranse premios por participación nas carreiras, e trofeo aos/ás tres primeiros/as gañadores/as da categoría absoluta para homes e para a categoría absoluta para mulleres.

Na categoría de Clubs valorarase o número de participantes de cada club nas diferentes carreiras independentemente do posto dos seus/súas compoñentes en cada unha delas.

Sistema de clasificación por clubs

Por número de participantes en cada carreira. Outorgarase 1 punto por cada atleta do club que finalice a proba

Pola clasificación xerada en cada carreira. Consideraranse os/as 50 primeiros/as clasificados/as en cada categoría e proba.

Sub10

1 punto

1: 50 puntos

Sub12

1 punto

2: 49 puntos

Sub14

1 punto

3: 48 puntos

Sub16

1 punto

4: 47 puntos

Sub18

1 punto

5: 46 puntos

Sub20

1 punto

6:45 puntos

Sub23

1 punto

7: 44 puntos

Sénior

1 punto

(…/…)

Máster 1

1 punto

47: 4 puntos

Máster 2

1 punto

48: 3 puntos

Máster 3

1 punto

49: 2 puntos

Máster 4

1 punto

50: 1 punto

Sumaranse o número total de puntos obtidos en todas as probas do circuíto e establecerase a clasificación xeral dos clubs, proclamándose vencedor do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”, o club que máis puntos obteña, e así sucesivamente.

Para a clasificación por clubs será necesario que o equipo participe como mínimo no 50% das carrerias celebradas no 2022 que compoñen o circuíto tanto na categoría de Menores (Sub10, Sub12, Sub14, Sub16, Sub18 coma na categoría Absoluta (resto das categorías, maiores de 18 anos

Non se puntuarán a nivel de club aqueles deportistas que na súa inscrición non fagan constar a que club pertencen.

Se nas diversas clasificacións do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, dous/dúas ou máis atletas ou clubs estiveran empatados a puntos, a orde de clasificación entre eles/as determinarase polo maior número de primeiros postos comparados entre ambos nas diferentes carreiras disputadas, proclamándose vencedor/a aquel que obtivera mellores postos.

As diversas clasificacións en cada unha das probas poderanse consultar nas seguintes páxinas web: www.atletismo.gal e www.carreirasgalegas.com ou ben na páxina oficial da Deputación Provincial da Coruña www.dacoruna.gal.

No caso de haber máis dunha carreira absoluta soamente se puntuará a de maior distancia.

Importe dos premios por participación nas carreiras aos mellores clasificados. (aboará a Deputación)

A Deputación destina un total de 7.950 € para o pago de premios por participación nas carreiras aos mellores clasificados participantes no VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, de acordo co seguinte:

3.600 € para premios aos clasificados/as individuais da categoría absoluta (homes e mulleres).

3.600 € para premios aos clasificados/as por clubs da categoría absoluta (homes e mulleres)

750 € para premios aos clasificados/as por clubs da categoría de menores

PREMIOS ÁS CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS

Categoría absoluta homes

Categoría absoluta mulleres

1º: 800 € e trofeo1ª: 800 € e trofeo
2º: 600 € e trofeo2ª: 600 € e trofeo
3º: 400 € e trofeo3ª: 400 € e trofeo

Categorías menores e máster homes

Clasificación por categorías menores e máster mulleres

Trofeo a 1º, 2º e 3º sub10, sub12, sub14, sub16; sub18; máster1, máster 2; máster 3; e máster 4

Trofeo ao 1º, 2º e 3º sub10, sub12, sub14, sub16; sub18; máster1, máster 2; máster 3; e máster 4

PREMIOS POR CLUBS

Categoría absoluta homes

Categoría absoluta mulleres

1º: 800 € e trofeo1ª: 800 € e trofeo
2º: 600 € e trofeo2ª: 600 € e trofeo
3º: 400 € e trofeo3ª: 400 € e trofeo

Menores homes (sub10, sub12, sub14, sub16, sub18)

Menores mulleres (sub10,sub12, sub14, sub16, sub18)

1º: 150 € e trofeo1ª: 150 € e trofeo
2º: 125 € e trofeo2º: 125 € e trofeo
3º: 100 € e trofeo3º: 100 € e trofeo

5. PAGOS

A Deputación aboará os premios mencionados na base anterior directamente ás persoas ou aos clubs participantes, en función da clasificación obtida.

Coa finalidade de percibir os premios por participación nas carreiras, que se aboarán mediante transferencia bancaria, as persoas ou os clubs participantes deberán entregar, á entidade adxudicataria do contrato de coordinación das carreiras que integran o VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, a seguinte documentación:

  • Designación da conta bancaria na que se efectuarán os aboamentos, conforme ao modelo normalizado que figura na páxina web www.dacoruna.gal.
  • Autorización para que a Deputación poida obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesourería da Seguridade Social e da Deputación Provincial da Coruña, nas que se acredite que está ao corrente nas súas obrigas.
  • Autorización para que a Federación Galega de Atletismo poida facilitar á Deputación Provincial da Coruña os seus datos persoais, coa finalidade de organizar o acto de entrega de trofeos na sede da Deputación.
  • NIF do club/persoa participante.

A Deputación fixará un día para a celebración da entrega de trofeos na que se entregarán os trofeos dos mellores clasificados individuais e por equipos do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”, na sede oficial deste organismo.

6.- ACHEGA PROVINCIAL ÁS ENTIDADES ORGANIZADORAS

A Deputación Provincial da Coruña asigna un importe máximo de 600 €/carreira, a cada unha das entidades organizadoras das carreiras, como compensación polos gastos que obrigatoriamente ten que contratar coa Federación Galega de Atletismo para a participación no evento.

Estes gastos correspóndense cos seguintes conceptos:

Canon da carreira

Gastos de xuíces/zas á carreira ( desprazamentos, axudas de custo, e honorarios)

Tramitación de licenza de día (seguros) realizados polos inscritos só para a participación no evento

Esta asignación será descontada da liquidación dos gastos que a Federación Galega de Atletismo realice ás entidades organizadoras das carreiras populares

7.- DIFUSIÓN PUBLICITARIA

A Federación Galega de Atletismo comprométese a apoiar e publicitar cada unha das carreiras populares que formen parte do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, a través da WEB www.atletismo,gal e www.carreirasgalegas.com.

En cada unha das carreiras populares que formen parte do VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, deberá tamén facer constar na súa cartelería o logotipo da Deputación Provincial da Coruña” xunto coa lenda “VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña”.

En cada unha das carreiras populares que formen parte do “VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña, deberá tamén colocar no acto de entrega dos trofeos, un elemento estático co logotipo da Deputación Provincial da Coruña” xunto coa lenda “VIII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña

A Federación Galega de Atletismo comprométese a colocar un arco de meta. O arco, de non ser o principal de meta, deberá estar moi próximo a ela.

En caso de utilizarse algunha pantalla dixital de fondo no podio ou “photocall”, o logo da Deputación aparecerá nas mesmas dimensións que o resto dos logos oficiais.

Bases aprobadas por R.P. 11452/2022 do 4 de marzo de 2022