Estás en:Deporte Liñas de axudas ao deporte

Liñas de axudas ao deporte

A área de Deportes da Deputación da Coruña deseñou un programa de axudas para apoiar ás entidades, clubs e federacións da provincia, destinando importantes cantidades para fomentar e promocionar o deporte, axudando ó mantemento da actividade diaria, así como os investimentos en material inventariable e vehículos para os clubs e grandes eventos que se celebren no eido da provincia, para que o deporte sexa un estilo de vida saudable, sendo un dos obxectivos primordiais desta administración. Tamén para contribuír a fomentar a participación da cidadanía nos distintos ámbitos do deporte, promovendo o deporte base, a igualdade de xénero e o deporte inclusivo.

Incrementando un 8,7%, e cun orzamento de 3,4 millóns de euros distribuidos nas seis liñas de axudas lanzadas, e tendo como obxectivo a promoción da actividade deportiva en todos os seus ámbitos, en especial fomentar o deporte base e as actividades encamiñadas ao benestar das persoas. A promoción da igualdade e o deporte inclusivo son tamén esenciais nas políticas de promoción do deporte que desexa impulsar a Deputación da Coruña.

Como aposta do presente e garantía de futuro, a Deputación está a realizar un importante esforzo inversor en materia deportiva para lograr manter a actividade e o funcionamento dos equipos coruñeses en competición de todas as disciplinas e categorias deportivas, o que significa para nós recoñecer o esforzo que fan cada día milleiros de deportistas para colocar os clubs na vangarda do deporte galego.

  • FO103A: Programa para entidades sen ánimo de lucro da provincia para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte ó longo do 2023.


Este programa está dirixido a entidades da provincia que realicen actividades de fomento da actividade física e do deporte.

Actividades conducentes á mellora da condición física, á ocupación activa do tempo de lecer, ó deporte de carácter afeccionado ou popular e á participación en competicións deportivas que non sexan organizadas polas federacións.

A promoción social da práctica e dos valores deportivos que se realice mediante a organización de actividades de formación, difusión e divulgación do deporte e dos valores que este implica, podendo ser: charlas, talleres, cursos, simposios, etc.

FO103A/2023. Orzamento: 500.000 €

Prazo aberto ata o 17 de febreiro de 2023.

 

  • FO104: Programa para entidades deportivas sen ánimo de lucro da provincia para infraestruturas e equipamento deportivo ó longo do 2023.

As axudas económicas obxecto desta líña de subvención destinarase á realización de investimentos deportivos.

Unicamente serán obxecto de axuda os gastos de rehabilitación ou mellora de instalacións, obra nova, para edificios de Uso deportivo así como bens
deportivos inventariables, elementos de transporte ou material inmobilizado para a práctica e o rendemento deportivo.

FO104/2023. Orzamento: 575.000 €.

Prazo aberto ata o 17 de febreiro de 2023.

 

  • FO103D: Programa para entidades deportivas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares de especial interese na provincia ó longo do 2023.

A axuda deste programa está destinado a sufragar os gastos inherentes á organización de grandes eventos deportivos promovidos por entidades deportivas, de carácter relevante pola súa incidencia en termos deportivos, socials e económicos xerando ingresos ou beneficios para o territorio da provincia.

Estes eventos terán que estar incluídos no calendario de competicións oficial correspondente.

Cada entidade só pode presentar un único proxecto.

FO103D/2023. Orzamento: 450.000 €.

Prazo aberto ata o 3 de Marzo de 2023.

  • FO103B: Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico ó longo do 2023.

A axuda deste programa esta dirixido a clubs deportivos que conten con equipos ou deportistas (no caso de deportes individuais) que participen en competicions oficiais federadas de ámbito local, provincial ou autonómico ó longo do 2023.

A axuda deste programa está destinada para os gastos ocasionados polo exercicio das funcións dos clubs deportivos no desenvolvemento da súa actividade federada ó longo das competicions nas que participa.

FO103B/2023: Orzamento: 750.000 €

Prazo aberto ata o 17 de febreiro de 2023.

 

  • FO103C:Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional o longo do 2023.

A axuda deste programa esta dirixido a clubs deportivos que conten con equipos ou deportistas (no caso de deportes individuais) que participen en competicions oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional ó longo do 2023, aínda que algúns dos outros equipos ou deportistas do club participen en competicións oficiais federadas de ámbito inferior a nacional.

O obxecto do programa é financiar exclusivamente os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional.

FO103C/2023. Orzamento: 1.050.000 €.

Prazo aberto ata o 17 de febreiro de 2023.

  • FO104V:Programa para entidades deportivas sen ánimo de lucro da provincia para a adquisición de vehículos facilitando a realización das actividades ó longo do 2023.


As axudas económicas obxecto desta líña de subvención destinarase á compra de vehículos de 4 modalidades deportivas: piragúismo, remo, salvamento e socorrismo e vela.

Únicamente serán obxecto de axuda os gastos de adquisición de vehículos para favorecer os desprazamentos dos deportistas e o traslado do material deportivo no transcurso da competición deportiva durante o ano 2023.

FO104V/2023. Orzamento: 100.000 €.

Prazo aberto ata o 17 de febreiro de 2023.