Estás en:Deporte Campaña da neve 2024

Campaña da neve 2024

INFORMACIÓN XERAL

  • DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2023. Terán preferencia os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.
  • COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e "Campaña de neve 2024".
  • INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
  • Gorro
  • Guantes.
  • Gafas de esquí e de sol.
  • Anorak térmico.
  • Pantalón impermeable ou similar.
  • Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros).
  • Equipamento deportivo (camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas para ducha, chándal e zapatillas de deportes).
  • Chuvasqueiro.
  • Mochila pequena.
  • Útiles de aseo (xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante), toalla de ducha.
  • Pixama, roupa interior.
  • Crema protectora do sol, factor 25 mínimo.

O aloxamento será na propia Estación de Valgrande-Paxares, en Albergues a pé de pista, en réxime alimenticio de pensión completa, almorzo, comida e cea) dende o xantar do venres ata o xantar do luns (ambos os dous incluídos), polo que todos os gastos están cubertos.
Non é necesario que o neno/a leve cartos (agás que fose desexo dos pais para pequenos gastos: refrescos, auga, etc.). De levalos, deberán ter en conta que a entidade organizadora non se responsabilizará deles.

Se a/o participante estivese en tratamento médico ou padecese algunha alerxia que se teña que ter en conta, deberá presentar informe médico coas pautas do medicamento e deberá cubrir o impreso que está cargado nesta web para poder entregarllo ao/á monitor/a na saída, xunto co medicamento.

A administración de medicamentos realizaraa o persoal sanitario.
Se se presentan casos como febre, dor de cabeza, golpes, caídas, ... que requiran algunha pomada ou medicamento para esta situación concreta, informarase ao/á pai/nai/titor/a legal para a súa autorización.

Está incluído un seguro que dá cobertura a calquera eventualidade que poida producirse durante a viaxe organizada, e que cubre a todos os participantes nesta Campaña de Neve.

Inclúe asistencia médica ilimitada en centros concertados e cun tope de 3.000€ en centros alleos, traslado de enfermos e feridos, responsabilidade civil, indemnización por falecemento e incapacidade.

En caso de accidente, o persoal sanitario a cargo encargarase de dar a primeira asistencia ao neno/a.

En caso de ser necesario, será trasladado a un centro médico. En todo momento o pai/nai/titor/a e a Deputación serán informados tanto do contratempo como da súa evolución.O neno/a estará sempre acompañado dun/dunha monitor/a.

A cobertura do seguro é válida unicamente durante a duración da viaxe