Estás en:Deporte Campaña da neve Deputación da Coruña 2025

Campaña da neve Deputación da Coruña 2025

INFORMACIÓN XERAL DA CAMPAÑA DE NEVE DEPUTACIÓN DE CORUÑA 2025

  • DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024. Terán preferencia a rapazada que non participase en ningunha Campaña de Neve da Deputación.
  • O FORMULARIO DE INSCRICIÓN (descargable dende esta páxina), así como a primeira documentación solicitada, DEBERÁ SER ENTREGADO NO CONCELLO NO QUE A PERSOA PARTICIPANTE ESTÉ EMPADROADO. O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTARÁ ABERTO  dende  8 DE NOVEMBRO ata o 2 DECEMBRO; EN CASO DE SER SELECCIONADA A SÚA SOLICITUDE, DEBERÁ ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN ADICIONAL TAMÉN NO SEU CONCELLO.
  • COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome da persoa participante, Concello e  "Campaña de neve 2025". (Aboar e entregar só en caso de ser seleccionada). O NÚMERO DE CONTA SERÁ PUBLICADO EN ESTE MISMO PORTAL.
  • INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
  • ATENCIÓN TELEFÓNICA: 981080319
  • EMAIL DE CONTACTO: deportes@dacoruna.gal
  • Gorro
  • Guantes.
  • Gafas de esquí e de sol.
  • Anorak térmico.
  • Pantalón impermeable ou similar.
  • Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros).
  • Equipamento deportivo (camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas para ducha, chándal e zapatillas de deportes).
  • Chuvasqueiro.
  • Mochila pequena.
  • Útiles de aseo (xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante), toalla de ducha.
  • Pixama, roupa interior.
  • Crema protectora do sol, factor 25 mínimo.
  • Calzado impermeable para a realización de actividades na neve.

O aloxamento será na propia Estación de Valgrande-Paxares, en albergues a pé de pista, en réxime alimenticio de pensión completa (almorzo, comida e cea) dende o xantar do venres ata o xantar do luns (ambos os dous incluídos), polo que todos os gastos están cubertos.
Non é necesario que a participante leve cartos (agás que fose desexo dos pais para pequenos gastos: refrescos, auga, etc.). De levalos, deberán ter en conta que a entidade organizadora non se responsabilizará deles.

Se a persoa participante estivese en tratamento médico ou padecese algunha alerxia ou intolerancia alimentaria que deba ser tida en conta, deberá presentar informe médico coas pautas do medicamento e deberá cubrir o impreso que está dispoñible na páxina web e entregalo á persoa responsable do autobús no momento de subida ao mesmo, así como incluílo na documentación a entregar no concello de referencia.

A administración de medicamentos será realizada polo persoal sanitario.
Se se presentasen casos como febre, dor de cabeza, golpes, caídas, ... que requiran algunha pomada ou medicamento para esta situación concreta, informarase á representante legal para a súa autorización.

O programa diario será o seguinte (programa tipo e horario orientador que poderá variar en función das condicións climatolóxicas ou do desenvolvemento das actividades):

VENRES

SÁBADO

DOMINGO

LUNS

Recollida na parada de autobús

Almorzo

Almorzo

Almorzo

Chegada a Valgrande-Paxares

Esquí con monitores

Esquí con monitores

Esquí con monitores

Xantar

Xantar

Xantar

Xantar

Charla de seguridade e rescate

Esquí con monitores

Esquí con monitores

Devolución do material de esquí

Recollida do material de esquí

Actividades lúdicas de tarde

Actividades lúdicas de tarde

Recollida da equipaxe

Actividades lúdicas de tarde

Cea

Cea

Regreso e chegada a parada de autobús

Cea

Veladas lúdicas nocturnas

Veladas lúdicas nocturnas

Veladas lúdicas nocturnas

Descanso

Descanso

Descanso

En caso de ausencia de neve, a actividade de esquí será substituída por outra/s xa prevista/s

Está incluído un seguro que da cobertura ás eventualidades que se produciran durante a Campaña de Neve Deputación de Coruña 2025, e que cubre a todos as participantes.
Inclúe, entre outros,  asistencia e rescate en pistas, envío de medicamentos, accidentes, asistencia médico - cirúrxica e sanitaria en centros concertados traslado de persoas enfermas e feridas así como desprazamentos de acompañante en caso de persoa asegurada hospitalizada, responsabilidade civil, indemnización por falecemento e incapacidade.
O persoal sanitario encargarase de dar a primeira asistencia á persoa participante, e en caso de ser necesario, será trasladada a un centro médico. En todo momento a persoa responsable e a Deputación da Coruña serán informados da súa evolución. A persoa participante estará sempre acompañada polo personal da Campaña de Neve Deputación de Coruña 2025.
A cobertura do seguro é válida unicamente durante a duración da viaxe

No caso de enfermidade, lesión ou accidente do participante durante o desenvolvemento desta campaña de
neve as actuacións a seguir serán as seguintes:

ENFERMIDADE

  1. Avaliación sanitaria polo D.U.E. sobre a indisposición.
  2. O coordinador da campaña dará coñecemento inmediato aos pais, nais ou titores que tomarán a decisión que proceda, e informarase ao persoal responsable da campaña na Deputación da Coruña.
  3. No caso de que se considerase necesario, trasladarase á persoa participante ao centro de atención médica de referencia según indique a compañía aseguradora da campaña.
  4. Se a indisposición o permite, a persoa participante continuará na campaña.

LESIÓN OU ACCIDENTE

  1. En caso de lesión ou accidente, será aplicado o protocolo P.A.S. (Protexer, Alertar, Socorrer), avaliarase a importancia da lesión, e en caso necesario, trasladarase á persoa participante ao centro de atención médica da estación.
  2. En caso de lesión ou accidente grave ou por recomendación do centro médico da estación, trasladarase ao participante ao centro hospitalario adscrito ao seguro médico contratado durante a campaña.
  3. O coordinador da campaña dará coñecemento inmediato aos pais, nais ou titores que tomarán a decisión que proceda, e informarase ao persoal responsable da campaña na Deputación da Coruña.
  4. O coordinador da campaña realizará os trámites administrativos necesarios no centro hospitalario para a correcta cobertura na póliza de seguro de accidentes contratado, informará ao centro médico das condicións persoais do afectado (alerxias a medicamentos, enfermidades diagnosticadas...), así como todo tipo de datos sobre o accidente, acompañando ao accidentado en todo momento ata a chegada dos titores legais. Asemade, o coordinador da campaña informará por escrito as persoas titoras do participante sobre as coberturas do seguro e as actuacións a seguir.
  5. Salvo naqueles casos en que fose necesario o seu ingreso nun centro hospitalario, se a lesión ou accidente impedise á persoa participante continuar coas actividades da campaña, será recollida pola persoa que asinou a ficha de inscrición ou persoa autorizada.

Non están permitidas as visitas ás persoas participantes durante a súa estadía. Se por algunha circunstancia algunha  persoa ten que abandoar a Campaña de Neve, deberá ser comunicado por escrito e coa sinatura do seu representante legal

Por razóns de organización e control, non é posible o cambio do autobús asignado.

A cota de 85€ non se reembolsará, agás imposibilidade de iniciar a participación na campaña por enfermidade grave e con xustificación documental previa desta (enténdese por enfermidade grave, a alteración da saúde, constatada por un profesional médico, que implique hospitalización ou necesidade de gardar repouso, e que implique o cesamento de calquera actividade).

De darse esta circunstancia deberá ser comunicada antes do inicio da quenda.

Se por algunha circunstancia algunha persoa ten que abandonar a estación, deberá ser comunicado por escrito e coa sinatura do seu responsable ou autorizado, no impreso que figura nesta web.

As persoas que leven teléfono móbil deben identificalo na parte traseira do terminal cun adhesivo co seu nome, xa que o monitorado retirarallo cando cheguen á estación.

Establécese o horario de 19:30 a 20:30 horas para que poidan chamar ás participantes.

O monitorado entregaralles os móbiles para que poidan realizar e recibir chamadas.

Para quen non leve móbil, as persoas representantes terán ao seu dispor os móbiles do monitorado que se indican deseguido, para poder falar co/a neno/a no horario indicado:

  • (Actualización pendente)
  • (Actualización pendente)

No caso de chamar a través do móbil do monitorado, solicitamos brevidade.

Ter en conta que por tratarse dunha estación de montaña podería haber deficiencias na cobertura móbil.

Na viaxe de volta, entregaránselle os móbiles de seu.

As persoas titoras legais teñen ao seu dispor un teléfono de emerxencias 24 horas para casos urxentes:(Actualización pendente)

Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de información xeral, en horario de luns a venres de 9.30h a 13.30: (Actualización pendente)