Mala lingua

1. Propensión a murmurar ou calumniar. Ten mala lingua, se non fala mal dos demais non lle vai ben.

2. Persoa que murmura ou calumnia. É un mala lingua, non lle fagas caso.

(Dicionario da Real Academia Galega)

Pódese calumniar unha lingua? Hai linguas malas ou boas? Hai linguas bonitas ou feas; útiles ou inútiles? Poden as linguas ser poderosas ou desposuídas?

O galego precisaba redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI. Para contribuír a ela, a Deputación da Coruña organizou as xornadas Malas linguas nos anos 2018, 2019 e 2020 (nesta edición de modo virtual por mor da crise sociosanitaria provocada pola covid-19), dirixidas principalmente ás persoas que traballan no ámbito da normalización lingüística e das políticas públicas.

As tres edicións de Malas linguas foron unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación dese momento e, desde aí, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüística da lingua galega.

Obxectivos

  • Crear un espazo de diálogo no que entender de onde viñamos e imaxinar cara a onde queriamos ir.
  • Renovar o argumentario para as políticas públicas de normalización lingüística, con tres alicerces:
    • manter espazos de reflexión
    • dar ideas prácticas
    • fomentar o traballo en rede.

Vídeos

Lista de reprodución no Youtube

Publicacións

Malas linguas. Activando falantes para o século XXI (2018-2019)

  • Lingua, discurso e políticas públicas (23/10/2018)
  • Lingua e memoria. Transmisión familiar da lingua (29/11/2018)
  • Lingua, infancia e mocidade. Transmisión non familiar da lingua (01/03/2019)
  • Lingua e xéneros (12/04/2019)

Malas linguas. Activando falantes para o século XXI (2020)

  • Boas prácticas para as linguas minorizadas do Estado (10/11/2020)
  • Revitalización lingüística en linguas ameazadas (12/11/2020)
  • Xornada de reflexión interna co persoal dos SNL (17/11/2020)

PROGRAMA_ML_2020_PANT (1).png