Estás en:Lingua Funcións

Funcións

A Sección de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña impulsará a normalización da lingua, procurará o incremento do uso e prestixio do idioma galego no ámbito provincial e coordinará as accións necesarias para darlle cumprimento á Ordenanza de uso da lingua galega.

As tarefas que desenvolva a SNL deben configurarse en catro áreas: dinamización sociolingüística, formación sociolingüística, asesoramento lingüístico e deseño dun programa de colaboración e axudas para a creación de servizos de normalización lingüística nos concellos da provincia, entre outras.

Deseguido indicamos as funcións que establece a devandita ordenanza:

Xerais

  • Asesorar a administración en todo o relacionado coa política lingüística.
  • Facer seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución.
  • Informar sobre a conveniencia, oportunidade, método, etc., de incorporar accións con obxectivos normalizadores en programas ou accións da Deputación de índole diversa, e colaborar na súa especificación, deseño e materialización.
  • Emitir informes sobre a oportunidade, conveniencias, etc., de accións da Deputación con respecto ao fomento do uso e prestixio da lingua galega.
  • Colaborar coa administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte das persoas aspirantes.

Dinamización sociolingüística

  • Fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade.
  • Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega seguindo as directrices de política lingüística do organismo.
  • Propoñer programas dinamizadores e accións concretas que conciencien á sociedade respecto ao uso e prestixio da lingua galega, e a impliquen no proceso normalizador.
  • Propiciar e xestionar liñas de información, colaboración, coordinación e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial, educativa, xuvenil, etc., para fomentar o uso e prestixio do galego.

Formación sociolingüística

  • Colaborar con Formación para ofertar cursos de lingua galega, xerais e específicos, tanto para o persoal da administración como para diferentes sectores sociais.
  • Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos, etc.
  • Colaborar no deseño de programas de formación non lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas.

Asesoramento lingüístico

  • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración.
  • Normalizar a imaxe lingüística, fixar criterios lingüísticos para a organización e establecer modelos de documentos.
  • Revisar e validar lingüisticamente aqueles textos que vaian ter maior difusión, impacto ou permanencia (carteis, folletos, rotulación, anuncios, impresos, publicacións, etc.), para garantir a calidade lingüística e o uso dunha linguaxe moderna, democrática e inclusiva.
  • Resolver dúbidas lingüísticas