Estás en:Lingua Programas e campañas de dinamización lingüística Non hai mellor agasallo que a túa lingua

Non hai mellor agasallo que a túa lingua

Adhesivos Non hai mellor agasallo que a túa lingua

Neste Nadal —e durante todos os días do ano— podemos encher de afecto e identidade cada detalle con esta colección de adhesivos editada baixo o lema «Non hai mellor agasallo que a túa lingua». Con esta iniciativa, a Deputación da Coruña convida a poñer en valor o galego como o vehículo perfecto para expresar o que sentimos polas persoas que máis queremos.

Expresións nosas que abrigan e emocionan

Un paquete cobra un significado especial cando vai personalizado e aquí ofrécense unha morea de expresións de amor e afecto, alusións ao Nadal, brindes tradicionais e mais outras de uso atemporal.

Como empregalos?

Etiqueta os teus paquetes: Dálles un toque único e persoal aos envoltorios dos teus agasallos de Nadal, aniversarios ou detalles inesperados.

Decora cartas e postais: Pega as túas palabras favoritas nos sobres ou nas tarxetas de felicitación.

Presume de lingua: Lévaos nos teus cadernos, axendas ou onde queiras lembrar que falar e querer en galego é sempre o mellor presente.

Descarga premendo na imaxe da esquerda ou solicita no Servizo de Normalización Lingüística do teu concello a túa folla de adhesivos e comparte o orgullo polo noso. Porque este Nadal, e sempre, non hai mellor agasallo que a túa lingua.