Estás en:Novas

A Deputación apoia con 130.000 euros a actividade das asociacións protectoras de animais domésticos da provincia

As axudas para actividades e investimentos permitirán financiar a compra de alimentos, medicamentos, produtos de hixiene, servizos veterinarios e proxectos como a recollida de animais en situación de abandono para a súa localización  en casas de acollida

Publícase hoxe a convocatoria das subvencións, que oscilan entre 1.000 euros e 20.000 euros

A Deputación apoia con 130.000 euros a actividade das asociacións protectoras de animais domésticos da provincia

A área de Medio Ambiente da Deputación da Coruña dedica este ano 130.778 euros para apoiar investimentos e desenvolvemento da actividades das asociacións protectoras de animais domésticos da provincia.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica vén de publicar a concesión destas axudas, cuxas contías oscilan entre os 4.000 euros a os 19.000 euros. Apadan, Gatocan, Xuntos As Mariñas, Asociación Protectora de Animais do Camiño, Protectora San Francisco de Asís ou Callejeros Barbanza son algunhas da entidades beneficiarias.

Segundo explicou a deputada responsable da área de Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, as axudas permitirán financiar melloras nas instalacións das protectoras, compra de vehículos, material, medicamentos, chips, gastos de alimentación, servizos veterinarios, elementos de hixiene, e outras actividades de protectoras de animais da provincia, como un proxecto de recollida de animais en situación de abandono para a súa ubicación en casas de acollida que vén desenvolvendo nos últimos anos.

Listaxe de axudas concedidas no BOP.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/08/04/2023_0000006220.html

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/08/04/2023_0000006221.html