Estás en:Novas

A deputada de Política Social participou na Coruña no acto de celebración do 25 aniversario do primeiro centro de día de Galicia

O centro de día FRAMA abriu as súas portas en 1999

A deputada de Política Social participou na Coruña no acto de celebración do 25 aniversario do primeiro centro de día de Galicia

Hai 25 anos que o centro de día FRAMA, o primeiro que comezou a funcionar en Galicia, abriu as súas portas na Coruña.

Para conmemorar este aniversario, o centro organizou un acto no que esta mañá participaron a deputada provincial de Política Social, Mar García Vidal, e a concelleira de Benestar Social da Coruña e tamén deputada provincial Yoya Neira.

As deputadas interesáronse polo funcionamento do centro, que desenvolve actividades de estimulación física e cognitiva, así como de carácter lúdico, para os preto de cen usuarios e usuarias dos dous centros cos que conta actualmente na cidade herculina.