Estás en:Servizos Tributarios IIVTNU (Plusvalía)

IIVTNU (Plusvalía)

PORCENTAXE ANUAL: ART. 107 TEXTO REFUNDIDO DA LEI REGULADORA DAS FACENDAS LOCAIS:

  • A base impoñible deste imposto está constituída polo incremento real do valor dos terreos de natureza urbana posto de manifesto no momento do devengo e experimentado ó longo dun período máximo de vinte anos. Para os efectos da determinación da base impoñible, haberá de terse en conta o valor do terreo no momento do devengo, de acordo co previsto nos apartados 2 e 3 deste artigo, e a porcentaxe que corresponda en función do previsto no seu apartado 4.

 

  • O valor do terreo no momento do devengo resultará do establecido nas seguintes regras:
    • Nas transmisións de terreos, o valor destes no momento do devengo será o que teñan determinado no dito momento para os efectos do imposto sobre bens inmobles.Non obstante, cando o dito valor sexa consecuencia dunha ponencia de valores que non reflicta modificacións de planeamento aprobadas con posterioridade á aprobación da citada ponencia, poderase liquidar provisionalmente este imposto conforme a este. Nestes casos, na liquidación definitiva aplicarase o valor dos terreos unha vez se obteña conforme ós procedementos de valoración colectiva que se instrúan, referido á data do devengo. Cando esta data non coincida coa de efectividade dos novos valores catastrais, estes corrixiranse aplicando os coeficientes de actualización que correspondan, establecidos para o efecto nas Leis de presupostos xerais do Estado. Cando o terreo, aínda sendo de natureza urbana ou integrado nun ben inmoble de características especiais, no momento do devengo do imposto non teña determinado valor catastral no dito momento, o concello poderá practicar a liquidación cando o referido valor catastral sexa determinado, refirindo o dito valor ó momento do devengo.
    • Na constitución e transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio, as porcentaxes anuais contidas no apartado 4 deste artigo, aplicaranse sobre a parte do valor definido na letra anterior que represente, respecto del, o valor dos referidos dereitos calculado mediante a aplicación das normas fixadas para os efectos do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
    • Na constitución ou transmisión do dereito para elevar unha ou máis plantas sobre un edificio ou terreo, ou do dereito de realizar a construcción baixo solo sen implicar a existencia dun dereito real de superficie, as porcentaxes anuais contidas no apartado 4 deste artigo aplicaranse sobre a parte do valor definido no parágrqafo a) que represente, respecto del, o módulo de proporcionalidade fixado na escritura de transmisión ou, no seu defecto, o que resulte de establecer a proporción entre a superficie ou volume das plantas que se van construír en voo ou subsolo e a total superficie ou volume edificados unha vez construídas aquelas.
    • Nos supostos de expropiacións forzosas, as porcentaxes anuais contidas no apartado 4 deste artigo aplicaranse sobre a parte do prezo xusto que corresponda ó valor do terreo, a menos que o valor definido no parágrafo a) do apartado 2 anterior fose inferior, nese caso prevalecerá este último sobre o prezo xusto.
  • Os concellos poderán establecer unha redución cando se modifiquen os valores catastrais como consecuencia dun procedemento de valoración colectiva de carácter xeral. Nese caso, tomarase como valor do terreo, ou da parte deste que corresponda segundo as regras contidas no apartado anterior, o importe que resulte de aplicar aos novos valores catastrais dita redución durante o período de tempo e porcentaxes máximas seguintes:
    • a) A redución, no seu caso, aplicarase, como máximo, respecto de cada un do cinco primeiros anos de efectividade dos novos valores catastrais.
    • b) A redución terá como porcentaxe máxima o 60 por cento. Os concellos poderán fixar un tipo de redución distinto para cada ano de aplicación da redución. A redución prevista neste apartado non será de aplicación aos supostos nos que os valores catastrais resultantes do procedemento de valoración colectiva a que aquel se refire sexan inferiores aos ata entón vixentes.

O valor catastral reducido en ningún caso poderá ser inferior ao valor catastral do terreo antes do procedemento de valoración colectiva. A regulación dos restantes aspectos substantivos e formais da redución establecerase na ordenanza fiscal.

  • Sobre o valor do terreo no momento do devengo, derivado do disposto nos apartados 2 e 3 anteriores, aplicarase a porcentaxe anual que determine cada concello, sen que este poida exceder dos límites seguintes:
    • a) Período de un ata cinco anos: 3,7.
    • b) Período de ata dez anos: 3,5.
    • c) Período de ata quince anos: 3,2.
    • d) Período de ata vinte anos: 3.

Para determinar a porcentaxe, aplicaranse as regras seguintes:

  • 1ª O incremento de valor de cada operación gravada polo imposto determinarase conforme á porcentaxe anual fixada polo concello para o período que comprenda o número de anos ó longo dos que se puxera de manifesto o dito incremento.
  • 2ª A porcentaxe que se vai aplicar sobre o valor do terreo no momento do devengo será o resultante de multiplicar a porcentaxe anual aplicable a cada caso concreto polo número de anos ó longo dos que se puxera de manifesto o incremento do valor.
  • 3ª Para determinar a porcentaxe anual aplicable a cada operación concreta conforme á regra 1ª e para determinar o número de anos polos que se multiplicará a dita porcentaxe anual conforme á regra 2ª, só se considerarán os anos completos que integren o período de posta de manifesto do incremento de valor, sen que para tales efectos poidan considerarse as fraccións de anos do dito período.

As porcentaxes anuais fixadas neste apartado poderán ser modificados polas Leis de presupostos xerais do Estado.

1. O tipo de gravame do imposto será o fixado por cada concello, sen que devandito tipo poida exceder do 30 por cento.

Dentro do límite sinalado no parágrafo anterior, os concellos poderán fixar un só tipo de gravame ou un para cada un dos períodos de xeración do incremento de valor indicados no apartado 4 do artigo anterior.

2. A cota íntegra do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

3. A cota líquida do imposto será o resultado de aplicar sobre a cota íntegra, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os apartados seguintes.

4. As ordenanzas fiscais poderán regular unha bonificación de ata o 95 por cento da cota íntegra do imposto, nas transmisións de terreos, e na transmisión ou constitución de dereitos reais de goce limitativos do dominio, realizadas a título lucrativo por causa de morte a favor dos descendentes e adoptados, os cónxuxes e os ascendientes e adoptantes.

5. As ordenanzas fiscais poderán regular unha bonificación de ata o 95 por cento da cota íntegra do imposto, nas transmisións de terreos, e na transmisión ou constitución de dereitos reais de goce limitativos do dominio de terreos, sobre os que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.

6. A regulación dos restantes aspectos substantivos e formais das bonificacións a que se refiren os apartados anteriores establecerase na ordenanza fiscal.