Quiénes somosAgendaPrensa digitalContacto

ENTC_Newsletter_Cabeceira_AF.png



CONSULTA AS NOVIDADES DESTA SEMANA!

(E anota as que che interesen porque desaparecerán desta páxina nuns días)


 

-Prácticas Schuman no Parlamento Europeo - ata o 31 de maio

O Parlamento Europeo abre a selección de graduados/as universitarios/as para o seu período de prácticas de outubro a febreiro en oficinas de Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo ou oficinas nos Estados membro. Mira os requisitos aquí.

-Prácticas no Banco Europeo de Investimentos - varias datas

O Banco Europeo de Investimentos ofrece oportunidades de prácticas e oportunidades junior para graduados/as de perfís variados dispoñibles aquí. Tamén ofrece a posibilidade de coñecer as características dos traballos que se realizan no BEI a través de Jobinars.

-Prácticas no Banco Central Europeo - varias datas

O Banco Central Europeo ten abertas candidaturas para formación remunerada de ata un ano en diferentes departamentos. Consúltaas todas neste enlace.

-Bolsa Culture Moves Europe de mobilidade para artistas e profesionais da cultura - ata o 31 de maio

Bolsas de mobilidade para artistas e profesionais da cultura de máis de 18 anos para realizar un proxecto cun socio/a internacional. Ver os requisitos.

-Bolsas de formación María Telo - ata o 23 de maio

10 bolsas de formación en materia de igualdade de xénero no Instituto das Mulleres. Máis info.

-Convocatoria dos Premios Nacionais de Xuventude 2024 - ata o 29 de maio

O Injuve convoca os Premios Nacionais de Mocidade para recoñecer a traxectoria e o esforzo dos mozos de ata 30 anos en seis categorías: compromiso social, cultura, medio ambiente, deporte, ciencia e tecnoloxía e dereitos humanos. Máis datos.


-European Job Days:

-Boost your Career with EURES! - o 23 de maio

Evento en liña con ofertas de emprego no ámbito das TIC e os negocios. Rexistro e máis info


-Algunhas oportunidades do Corpo Europeo de Solidariedade - consúltaas todas aquí

-Voluntariado en Milán con mulleres inmigrantes, os seus fillos/as e maiores - ata o 6 de maio

15 semanas de traballo voluntario en diversas tareas de apoio.

-Voluntariado nunha gardería en Marsac, Francia - sen data límite

48 semanas de traballo voluntario en tareas apoio á educación non formal con nenos/as de 2 a 6 anos.


 

E lembra!

-Prácticas na Axencia Europea de Defensa - ata o 21 de maio

Formación remunerada durante un ano en 17 diferentes postos e seccións (aviación, dominio marítimo, finanzas, comunicación, loxística, sistemas...) da Axencia Europea de Defensa. Máis info.

-Prácticas no Instituto de Estudos de Seguridade da Unión Europea - ata o 3 de maio

Aberto o prazo de solicitude de oito prazas de prácticas remuneradas (seis en París e dúas en Bruxelas) de dez meses de duración. Consulta os requisitos aquí.

-Bolsas para mulleres do Banco Central Europeo - ata o 17 de maio

Bolsas de 10.000 € cada unha para 15 mulleres que realicen estudos de posgrao nos campos de economía, estatística, enxeñería e informática. Máis info.

-Convocatoria para realizar actividades paralelas durante o European Youth Event de 2025 - ata o 30 de maio

Aberta a convocatoria de proxectos para as actividades ao aire libre do vindeiro EYE, que está dirixida a organizacións xuvenís. Consúltaa aquí

-Prácticas no Tribunal de Contas Europeo - ata o 31 de maio

Formación remunerada de cinco meses, desde o mes de outubro, no Tribunal de Contas Europeo en Luxemburgo. Máis info

 

 

***

ClubUE_IG.png

 

 Coñeces o noso ClubUE?

Se tes entre 18 a 30 anos e queres COÑECER, APRENDER e PARTICIPAR das oportunidades que ofrece a Unión Europea. Únete!