Reunión coa Corparación para desenvolver o Regulamento de Teletraballo
A proposta de regulamento de teletraballo de CCOO e o suficientemente flexible como para permitir ao persoal gozar dun amplo marxe de teletraballo sen que afecte aos servizos á cidadanía e aos concellos
En CCOO estamos a pular para que o persoal da Deputación dispoña dun regulamento de teletraballo que lle permita desenvolver parte do seu traballo a distancia tal e como habilita a lei.
Logo da insistencia na esixencia para negociar o regulamento de teletraballo, a Sección Sindical de CCOO reúnese co Deputado de Persoal para tratar a proposta presentada a principios de ano. A reunión, que consideramos moi construtiva, celebrouse a semana pasada e supón o punto de partida para establecer as bases para o consenso dun regulamento de teletraballo, aínda que queda moito que negociar para a súa implantación definitiva. Por iso en CCOO xa solicitamos comezar a negociación na mesa de negociación de xuño, na que o Deputado pediu un tempo para recoller información dos distintos servizos de cara a presentar unha proposta. En CCOO fomos comprensivos e pacientes, máis unha vez resolto o tema dos orzamentos para o vindeiro exercicio, consideramos que non existía motivo para demorar máis a implantación do teletraballo. Xa que logo, o solicitamos a través dun rogo na mesma mesa de negociación onde se aprobaron os orzamentos o 5 de novembro. Como queira que non recibimos resposta a nosa petición durante un mes, o 3 de decembro esiximos publicamente á Corporación o comezo das negociacións.
CCOO insta á Corporación a levar un Regulamento de Teletraballo á Mesa Xeral de Negociación na maior brevidade de tempo posible. Urxe a súa aplicación para que os traballadores e traballadoras da Deputación da Coruña non vexan menoscabado un dereito lexislado o ano pasado polo goberno central. Máis cando o persoal doutras administración como a Deputación de Pontevedra, a Xunta ou a propia Administración Xeral do Estado xa pode gozar do dito dereito ou o poderá facelo ao longo do ano 2022.
A proposta de regulamento de teletraballo de CCOO e o suficientemente flexible como para permitir ao persoal gozar dun amplo marxe de teletraballo sen que afecte aos servizos á cidadanía e aos concellos. Na nosa proposta aplicamos porcentaxes múltiplos de 20 para a súa inmediata asimilación con días da semana si se opta por este formato. Asemade, está dotada dun enxeñoso e flexible mecanismo de compensación que evita que, nestes tempos de crise, a parte económica supoña un impedimento para o desenvolvemento do teletraballo, permitindo á Corporación elixir entre poñer a dispor do persoal os equipos informáticos necesarios ou realizar unha compensación económica, así como flexibilizar no tempo a súa implantación. Inicialmente propoñemos a mesma compensación que o convenio para o persoal do sector bancario pero referido ao SMI, cantidade que poderá ser modificada posteriormente en mesa de negociación. Salientar que a dita compensación non se ve afectada polas restricións orzamentarias do capitulo de persoal xa que é de aplicación no Capítulo II.