Estás en:Novas
A corporación retira o plan de ordenación de RRHH, diante do rexeitamento dos membros de CIG E CSIF na Comisión Paritaria de laborais

CIG e CSIF bloquean o Plan de Ordenación de RRHH prexudicando ao persoal

CCOO esixe que a Corporación exerza as actuacións necesarias para sacar adiante o plan sen recortar ningún dos beneficios para os traballadores e traballadoras recollidos no mesmo

CIG e CSIF bloquean o Plan de Ordenación de RRHH prexudicando ao persoal

Na Mesa Xeral de Negociación celebrada hoxe, a corporación informou que non levará ao pleno de febreiro o Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2017-2019 que foi aprobado na Mesa Xeral do pasado oito de febreiro co apoio de UGT e CCOO.

A corporación retira o plan de ordenación de RRHH, diante do rexeitamento dos membros de CIG E CSIF na Comisión Paritaria de laborais, denominada Comisión Paritaria para a vixilancia, seguimento e interpretación do Convenio Colectivo do persoal laboral. Na dita comisión o plan so recibiu o apoio do único membro de CCOO en dito órgano, ademais da propia corporación.

Lamentablemente o bloqueo exercido por CIG e CSIF paraliza actuacións tremendamente positivas como os procesos de promoción interna, a carreira profesional, o plan de rexuvenecemento do cadro de persoal con medidas para promover a xubilación anticipada e a xubilación parcial e incluso pon en perigo a valoración de postos de traballo ao non existir un marco legal onde encadrala. Asemade o plan incluía a modificación da Relación de Postos de Traballo no mes de marzo para adecuala aos procesos de promoción realizados durante o ano pasado, requisito indispensable para que o persoal que a superase poida tomar posesión do seu novo posto de traballo.

Resulta tremendamente decepcionante que despois do traballo propositivo e da ardua negociación desenvolvida por CCOO para acadar unha serie de actuacións tremendamente beneficiosas para a maioría do persoal da Deputación, se bloquee o plan prexudicando a todos e todas. E isto sucede porque algúns priman os seus intereses de representatividade, así como os intereses corporativos dunha minoría, que ademais tamén sairía beneficiada.

CCOO esixe que a Corporación exerza as actuacións necesarias para sacar adiante o plan sen recortar ningún dos beneficios para os traballadores e traballadoras recollidos no mesmo.