A mesa xeral aproba o Plan de Ordenación de RRHH co apoio de UGT e CCOO
O Plan de Ordenación de RRHH inclúe entre outras actuacións: novos procesos de Promoción Interna, Consolidación de Emprego Temporal, Funcionarización ou Carreira Profesional Horizontal, ademais da tan necesaria e demandada Valoración de Postos de Traballo, que se desenvolverá en dúas fases a que primeiro se aprobará será a que se valora o complemento específico e na segunda metade de ano valorarase o nivel de destino.
A Mesa Xeral de Negociación aprobou onte, cos votos a favor de UGT e CCOO e en contra de CIG e CSIF, o Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2017-2019. Como o devandito plan inclúe actuacións que afectan exclusivamente ao persoal laboral, aínda debe pasar pola comisión paritaria de seguimento do Convenio Colectivo, previo a súa aprobación plenaria. Trátase dun ambicioso plan que pretende potenciar a asistencia económica, técnica e xurídica que a Deputación de A Coruña presta aos concellos, así como os servizos que desenvolve cara á cidadanía, mediante a potenciación das capacidades e coñecementos dos traballadores e traballadoras da Deputación aplicando medidas que potencien a tecnificación e o compromiso do cadro do persoal, para que así poida acometer con garantías as novas funcións e responsabilidades a afrontar.
O Plan de Ordenación de RRHH inclúe entre outras actuacións: novos procesos de Promoción Interna, Consolidación de Emprego Temporal, Funcionarización ou Carreira Profesional Horizontal, ademais da tan necesaria e demandada Valoración de Postos de Traballo. Trátase dunha excepcional nova para o conxunto dos traballadores e traballadoras pois suporá un enorme salto adiante en canto ás condicións do traballo, que tamén implicará maior responsabilidade e implicación dos traballadores e traballadoras coa asunción de novas funcións. O plan que contou coa nosa proactiva participación, incorpora as principais demandas que CCOO leva tempo defendendo, aínda que algunhas como a Carreira Profesional Horizontal quede pendente ata a fase final do plan a aprobación das súas bases.
En canto á Valoración de Postos de Traballo, indicar que se desenvolverá en dúas fases a que primeiro se aprobará será a que se valora o complemento específico e na segunda metade de ano valorarase o nivel de destino. En relación coa primeira fase, que é onde se resolven as desigualdades producidas coa factorización, CCOO mantén o seu compromiso de presentar a súa proposta un mes despois de rematar a enquisa, si todos os membros da corporación manteñen esta liña de traballo, a valoración podería aprobarse axiña.
Funcionarización
En maio de 2018 aprobaranse as bases e convocarase o proceso de Funcionarización para todo o persoal laboral que non puidese participar ou superar a Promoción Interna. A formación realizaríase durante o mes de xuño
Promoción Interna
Será para persoal funcionario e laboral (que adquirirá a condición de funcionario si supera o proceso). As bases aprobaranse entre maio e xuño, a formación realizase entre setembro e decembro mentres que os exames serán entre febreiro e marzo de 2018. Haberá a posibilidade de lanzar un novo proceso de Promoción Interna na fase final do dito Plan de Ordenación de Recursos Humanos.
Oferta de Emprego Público/Consolidación
A Oferta de Emprego Público 2017 aprobarase en abril, os procesos selectivos de acceso libre realizarase no 2019, xunto coas ofertas de 2016 e 2015. En canto á consolidación as bases e convocatoria realizarse en marzo e os exames serán en xullo de 2017.
Durante a negociación CCOO consegue incluír o desenvolvemento dun Plan de Rexuvenecemento do Cadro de Persoal con medidas para promover a xubilación anticipada e a xubilación parcial do persoal da Deputación. Si con carácter xeral obsérvase nos últimos anos un notable aumento da media de idade dos traballadores das administracións públicas, debido ás dificultades impostas pola normativa para a incorporación de novo persoal, na Deputación provincial da Coruña o envellecemento do persoal comeza a ser preocupante: aproximadamente un 18% do persoal supera os 60 anos (fronte a case un 10% no conxunto das administracións), e os que superan os 50 anos supoñen un 64%; non existen traballadores no persoal de menos de 30 anos e tan só algo menos dun 7% están por baixo da idade de 40 anos, dos cales ademais aproximadamente o 85% son interinos.
CCOO congratúlase de que o goberno provincial amose a súa decidida aposta polo público, traducindo en feitos a súa consideración de que o gasto en cadro de persoal é un investimento para mellorar os servizos aos concellos e á cidadanía. Xa que logo, insta ao conxunto de traballadores e traballadoras da Deputación a devolver á confianza depositada no persoal por parte da corporación con, se cabe, máis compromiso, responsabilidade e esforzo.

