Estás en:Novas

A Deputación da Coruña colabora na VIII edición dos premios Paraugas 2023

O vicepresidente, Xosé Regueira, participou hoxe en Ferrol na presentación da Gala que se vai celebrar no Teatro Jofre de Ferrol

A Deputación da Coruña colabora na VIII edición dos premios Paraugas 2023

O Concello de Ferrol acolleu hoxe a presentación da VIII edición da Gala dos premios Paraugas organizada polo Clúster da Comunicación de Galicia e que se vai celebrar en  novembro no Teatro Jofre de Ferrol

Os premios Paraugas naceron no ano 2016 e teñen como obxectivo amosar o potencial e poñer en valor o excelente traballo das empresas do sector da comunicación, no ámbito da impresión, o deseño, a creatividade, o márketing e os eventos. Neste anos entregáronse 126 premios, houbo un total de 1.682 candidaturas e 20 profesionais foron homenaxeados.

Na presentación estivo presente o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, o alcalde de Ferrol, a directora da axencia galega de innovación-GAIN, a directora territorial da Xunta e o presidente do Clúster do audiovisual