Estás en:Novas

Pildora informativa: 6 de febreiro, Día de Internet Segura 2024

Pildora informativa: 6 de febreiro, Día de Internet Segura 2024

6 de febreiro, Día de Internet Segura 2024

Este 6 de febreiro conmemórase a vixésima primeira edición do Día de Internet Segura, que ten o obxectivo de promover o uso seguro e positivo da tecnoloxía, especialmente entre nenos, nenas e as súas contornas máis próximas.

Como mostra do compromiso da Amtega coa ciberseguridade en todas as súas vertentes, e aínda que queden fóra do ámbito laboral, a continuación repasamos algunhas boas prácticas neste eido:

  • Manter e fomentar unha comunicación fluída cos menores sobre o uso de Internet axuda a comunicarlles os riscos e as normas, e a coñecer as súas preocupacións e posibles incidencias.
  • Os programas de control parental proporcionan confianza a proxenitores e menores nos seus primeiros pasos pola rede.
  • As actualizacións de seguridade dos dispositivos e apps deben estar configuradas para que se apliquen automáticamente.
  • As redes sociais son unha fonte de risco para os menores, infórmate e cóntallelo antes de que o descubran por si mesmos.
  • Deben empregar contrasinais robustos, sen repetilos nin compartilos.
  • As redes WiFi públicas, poden facilitar accesos non desexados aos datos ou ao dispositivo. Cando non teñan acceso a Internet, é mellor que esperen a chegar á casa.

No portal web do Incibe hai unha sección orientada a menores (Internet Segura For Kids) que ofrece numerosas guías, materiais didácticos, ferramentas e outros materiais que poden resultar moi útiles.

Á súa vez pode atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.gal