Estás en:Novas

Pildora informativa: Seguridade no posto de traballo

Pildora informativa: Seguridade no posto de traballo

O posto de traballo de cada persoa é un lugar susceptible de albergar todo tipo de información relacionada coas tarefas laborais que se desempeñan.

Esta información pode ter distintos niveis de confidencialidade, polo que é necesario protexela sempre de olladas non autorizadas.

Para facer máis seguro o teu entorno de traballo podes seguir estas recomendacións:

  • Evita, na medida do posible, deixar exposta información sensible ou con datos persoais cando o teu posto de traballo queda desatendido: cando manexes documentos en papel, se te ausentas do posto e aínda que vaias seguir traballando con eles noutro momento, é recomendable gardalos en sitio seguro.
  • No momento en que un documento deixa de ser necesario no posto de traballo é unha boa práctica levalo ao seu lugar de arquivo.
  • Lembra que os contrasinais de acceso aos sistemas de información non deben apuntarse en papel.
  • As pantallas dos ordenadores poden amosar información do traballo: Sempre que sexa posible, a pantalla do teu ordenador debe estar orientada de modo que o contido da mesma non poida verse desde unha zona de paso pública, a través de cámaras de seguridade ou desde o exterior das instalacións.
  • Bloquea o teu equipo cada vez que te ausentes para evitar accesos non autorizados.

Calquera dúbida sobre estes procedementos debe ser exposta ao persoal responsable, e calquera incidente relacionado co posto de traballo debe ser notificado.

Lembra que podes atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.gal