Pildora informativa: Previr riscos en chamadas telefónicas
As chamadas que nos chegan aos teléfonos fixos e móbiles tamén poden ser fontes de risco. Mediante técnicas de enxeñería social os criminais buscan involucrar ás súas vítimas nunha situación ou historia verosímil que as empuxe a levar a cabo algunha acción comprometedora ou a proporcionar información confidencial.
Pode ser un suposto alto cargo da entidade na que se traballa, pedindo información ou que se faga algunha operación saltando as normas e procedementos habituais (apelará obediencia).
Pode ser un cidadán ou cidadá que diga necesitar imperiosamente información ou que se lle faga un trámite (apelar á empatía).
Pode ser un falso soporte técnico: alguén que chama para advertirnos de que un equipo ou servizo está en perigo e ofrécese a axudar para remedialo (apelar ao medo).
As nosas defensas
- Coñecer e respectar os procedementos de traballo. En caso de dúbida, saber a quen consultar e non actuar por impulsos.
- Tratar de obter unha verificación da identidade do interlocutor por canles distintas das que se están a empregar para se comunicar con el ou ela.
- Negarse a proporcionar por teléfono datos persoais propios, de terceiros, ou confidenciais aos que se teña acceso por motivos laborais.
- Non facilitar o acceso remoto aos nasos dispositivos a non ser que se estea absolutamente seguro de que se trata de persoal
Lembra que podes atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.gal