Estás en:Novas

Pildora informativa: Precaucións cos servizos de Intelixencia Artificial

Pildora informativa:  Precaucións cos servizos de Intelixencia Artificial

Os servizos de Intelixencia Artificial Xenerativa -dos que o máis coñecido é ChatGPT- están a acadar unha grande popularidade, pero utilizalos ten os seus riscos.

O risco principal afecta á privacidade: os datos que proporcionas cando solicitas unha tarefa pasan a formar parte do sistema de Intelixencia Artificial, e poden mesmo chegar a aparecer nas respostas que se ofrezan a outros usuarios.

Polo tanto é imprescindible que te asegures de non utilizar datos persoais nin información confidencial ou sensible do ámbito laboral cando fagas unha consulta ou petición a un servizo de Intelixencia Artificial Xenerativa.

Lembra que podes atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.gal