Pildora informativa: Identificación mediante DNI
O DNI é o único documento con suficiente valor por si só para a acreditación, a todos os efectos, da identidade e os datos persoais do seu titular. Como tal, é habitual pedilo para comprobar a identidade de quen fai unha solicitude ou desexa realizar algún trámite coa Administración.
Precisamente por ese carácter identificador, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) advirte de que a información que contén o DNI debe ser considerada especialmente sensible, xa que pode ser utilizada para suplantar a identidade dunha persoa.
Se no desempeño do teu traballo precisas examinar un DNI para comprobar unha identidade ou os datos asociados, debes ter en conta que:
A mera consulta do DNI é suficiente para verificar a identidade dunha persoa e podes solicitala en calquera proceso que requira da identificación 'in situ' da persoa solicitante.
No caso de que sexa preciso que a identificación quede incorporada á documentación dun trámite ou expediente, pódese recorrer ao Nodo de interoperabilidade de Galicia - pasaXe! (as condicións para poder acceder ao servizo están descritas na ligazón).
Arquivar e manter a copia dun DNI, tanto en papel como en formato electrónico, ten que ser algo excepcional que, segundo a lexislación vixente desde 2006, debe estar claramente xustificado desde o punto de vista da protección de datos persoais. O responsable do tratamento debe avaliar a necesidade de dispor e de conservar dita copia, solicitando o asesoramento do Delegado de Protección de Datos da entidade. Tamén deberán quedar claras as medidas de protección para esas copias que se van gardar e cando e como serán borradas ou destruídas*.
En caso de dúbida, consulta sempre co Delegado de Protección de Datos da entidade na que prestas servizo.
*Podes consultar as medidas de seguridade que se deben cumprir cando se traballa con documentación en papel na seguinte ligazón: https://
Lembra que podes atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.