Pildora informativa: Permanece atento ante o Smishing
Boas prácticas en seguridade da información
Os ataques a través de mensaxes de texto ou "smishing" son actualmente moi comúns. Coñecer como identificalos e actuar ante eles manterá a seguridade da nosa información e a da organización.
Que significa 'smishing'?
No 'smishing', o emisor dunha mensaxe de texto suplanta a identidade dalgunha persoa ou entidade co obxectivo de enganarnos para que realicemos accións que supoñan un prexuízo para nós ou a organización.
Cal é o obxectivo do ataque?
Como en calquera ataque de enxeñería social, no smishing, o atacante pretende conseguir que proporcionemos información propia ou da organización, ou que realicemos outro tipo de accións prexudiciais (realizar transferencias, descargar ficheiros con malware etc.)
Que debemos ter en conta?
- Hoxe en día, o smishing pode realizarse a través de SMS, mensaxería instantánea como Whatsapp ou a través de mensaxes en redes sociais.
- Do mesmo xeito que noutros ataques de enxeñería social, o atacante tratará de motivarnos a actuar incitando sensacións de urxencia, presión ou a obtención dunha recompensa.
- Ante a chegada dun smishing, non obedezas ou respondas a mensaxe. Comunica o evento ao CAU para que o analice.