Estás en:Novas

O presidente da Deputación reuniuse co delegado de Defensa en Galicia, o capitán de navío Jesús Ángel Paz

A reunión enmárcase na rolda de contactos institucionais que Paz está a realizar con motivo do seu nomeamento como representante do Ministerio de Defensa en Galicia

O presidente da Deputación reuniuse co delegado de Defensa en Galicia, o capitán de navío Jesús Ángel Paz

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ao novo delegado de Defensa en Galicia, o capitán de navío Jesús Ángel Paz.

A reunión enmárcase na rolda de contactos institucionais que Paz está a realizar con motivo do seu nomeamento como representante do Ministerio de Defensa en Galicia.

Valentín Formoso e Jesús Ángel Paz departiron durante media hora sobre as súas respectivas competencias. Ao remate da reunión, o presidente provincial e o capitán de navío Paz destacaron a importancia da colaboración e coordinación entre institucións.

O capitán de navío Jesús Ángel Paz Pena é natural de Ferrol. Ingresou na Escola Naval Militar en 1986 e graduouse en 1991. Entre outros méritos militares e académicos, é diplomado de Estado Maior das Forzas Armadas e conta cun mestrado en Seguridade e Defensa pola Universidade King's College de Londres. No ámbito do mar, foi comandante do patrulleiro «Mouro», do cazamines «Tambre» e da fragata «Almirante Juan de Borbón».

No ámbito académico militar, foi director da Escola de Suboficiais da Armada, en San Fernando (Cádiz). Participou en varias misións internacionais, como as de Iraq, Libia e os Balcáns. Ata o momento de asumir a delegación de Defensa en Galicia, o capitán de navío Paz era xefe do Órgano de Apoio á Xefatura (OAJ) do Arsenal de Ferrol.