Estás en:Novas

A Deputación pecha coa Fundación Araguaney a rolda de visitas ás fundacións e entidades beneficiarias de axudas da área de Cultura

A través do programa FO215, a institución concedeu este ano case 650.000 euros para apoiar distintas iniciativas

Durante a visita, as representantes provinciais interesáronse polos proxectos e actividades que impulsa a fundación, un referente no diálogo entre pobos e culturas

A Deputación pecha coa Fundación Araguaney a rolda de visitas ás fundacións e entidades beneficiarias de axudas da área de Cultura

A deputada de Cultura, Natividade González, e a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, Sol Agra, reuníronse hoxe en Santiago coa Fundación Araguaney - Puente de Culturas. Este encontro institucional que serviu para coñecer de primeira man o traballo desenvolvido pola entidade, unha das beneficiarias da convocatoria de subvencións FO215 da Deputación da Coruña.

Con esta visita, a área de Cultura pecha unha rolda de encontros iniciada no mes de abril con algunhas das entidades beneficiarias desta liña de axudas, dirixidas a entidades e fundacións culturais, co obxectivo de coñecer directamente os culturais que desenvolven e reforzar o contacto co tecido cultural da provincia.

Durante a visita, as representantes provinciais interesáronse polos proxectos e actividades que impulsa a fundación, referente no ámbito do diálogo intercultural e da promoción da convivencia entre pobos e culturas.

Case 650.000 euros en axudas

A Fundación Araguaney forma parte das 50 entidades beneficiarias da convocatoria FO215, destinada a fundacións, entidades titulares de museos, bibliotecas e organizacións de representación sectorial da cultura galega. A través deste programa, a Deputación da Coruña concede este ano case 650.000 euros en axudas para apoiar o tecido cultural galego.
A deputada de Cultura, Natividade González, destacou que esta liña de subvencións contribúe a «facilitar a programación de actividades culturais» e a fortalecer o papel das entidades culturais «como espazos clave para a conservación, difusión e dinamización da cultura galega».