Estás en:Novas

A Deputación da Coruña financia a contratación de persoal técnico cultural en máis de setenta concellos

A área de Cultura destina un total de 770.000 € a profesionalización das áreas de cultura municipais

A Deputación da Coruña financia a contratación de persoal técnico cultural en máis de setenta concellos

Un total de 74 concellos da provincia da Coruña terán persoal técnico especializado en xestión cultural co apoio da convocatoria á que a area de Cultura da Deputación da Coruña destina nesta nova edición un total de 769.959 euros. A iniciativa ten como obxectivo a creación de emprego no sector e a profesionalización das áreas de Cultura Municipais.

Cun orzamento de 770.000 € á área de Cultura da Deputación da Coruña contribuirá á dotación de persoal técnico especializado dun total de 74 concellos da provincia, nunha liña de creación de emprego especializado que se suma á destinada a contratacións en museos e centros de interpretación municipais que está dotada con 400.000.

Desta maneira, a área de Cultura da Deputación da Coruña colabora cos concellos na xestión profesional e de calidade da acción cultural municipal nun ano de especial relevancia para a recuperación do sector afectado pola pandemia.

A convocatoria promove o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico, tanto en xestión cultural como en animación sociocultural. "Desde a área de Cultura queremos contribuír á profesionalización das áreas de cultura dos concellos e tamén dos centros deles dependentes como museos ou centros de interpretación para promover tamén boas prácticas na acción cultural que son máis urxentes neste momento, cando a aparición da pandemia provocou unha importante crise no sector e obrigou a mudar as dinámicas existentes na xestión municipal cultural", sinala o responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto.

As bases da convocatoria foron elaboradas en colaboración con entidades e profesionais do sector para a definición dos perfís profesionais ademais da procura da estabilidade laboral das persoas contratadas. Desta maneira, desde a área de Cultura da Deputación quíxose facer un esforzo en contribuír á mellora no recoñecemento do perfil profesional nos postos de traballo existentes, definido requisitos, coñecementos formativos, funcións e categorías profesionais para os casos en que os concellos procedan á creación de novos postos de traballo.

Neste sentido, as modalidades establecidas na convocatoria son mantemento e creación de postos de persoal técnico en xestión cultural ou animación sociocultural.

Na concesión contémplase o financiamento de persoal a 66 concellos ademais dos 7 da Mancomunidade de Ordes e o Padroado de Cultura de Narón.

CONCESIÓN POR CONCELLOS

CONCELLO DA BAÑA 5.322,67

CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL 14.970,00

CONCELLO DE ABEGONDO 9.980,00

CONCELLO DE AMES 9.980,00

CONCELLO DE ARANGA 1.842,46

CONCELLO DE ARZÚA 9.812,41

CONCELLO DE BERGONDO 9.980,00

CONCELLO DE BETANZOS 14.970,00

CONCELLO DE BOIMORTO 9.980,00

CONCELLO DE BOIRO 9.980,00

CONCELLO DE BRION 14.970,00

CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS 14.970,00

CONCELLO DE CABANAS 9.980,00

CONCELLO DE CAMARIÑAS 4.657,33

CONCELLO DE CAMBRE 14.970,00

CONCELLO DE CARBALLO 9.980,00

CONCELLO DE CARNOTA 9.980,00

CONCELLO DE CARRAL 9.980,00

CONCELLO DE CEE 14.970,00

CONCELLO DE CERCEDA 14.970,00

CONCELLO DE CERDIDO 9.980,00

CONCELLO DE COIROS 9.980,00

CONCELLO DE CULLEREDO 9.980,00

CONCELLO DE DODRO 9.980,00

CONCELLO DE DUMBRIA 9.980,00

CONCELLO DE FENE 9.980,00

CONCELLO DE FISTERRA 9.980,00

CONCELLO DE IRIXOA 9.980,00

CONCELLO DE LAXE 14.970,00

CONCELLO DE LOUSAME 14.970,00

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS 14.970,00

CONCELLO DE MAÑÓN 9.980,00

CONCELLO DE MELIDE 9.980,00

CONCELLO DE MIÑO 8.479,88

CONCELLO DE MUGARDOS 9.980,00

CONCELLO DE MUROS 14.970,00

CONCELLO DE NEDA 9.980,00

CONCELLO DE NOIA 2.686,92

CONCELLO DE OLEIROS 9.980,00

CONCELLO DE ORDES 14.970,00

CONCELLO DE OROSO 9.980,00

CONCELLO DE ORTIGUEIRA 14.970,00

CONCELLO DE OUTES 9.980,00

CONCELLO DE PADERNE 9.980,00

CONCELLO DE PADRÓN 9.980,00

CONCELLO DE PONTECESO 14.970,00

CONCELLO DE PONTEDEUME 9.980,00

CONCELLO DE PORTO DO SON 14.970,00

CONCELLO DE RIANXO 9.980,00

CONCELLO DE RIBEIRA 14.970,00

CONCELLO DE ROIS 14.970,00

CONCELLO DE SADA 9.980,00

CONCELLO DE SAN SADURNIÑO 8.982,00

CONCELLO DE SANTISO 9.980,00

CONCELLO DE SOBRADO DOS MONXES 14.970,00

CONCELLO DE TEO 14.970,00

CONCELLO DE TOQUES 7.984,00

CONCELLO DE TORDOIA 14.970,00

CONCELLO DE TOURO 9.980,00

CONCELLO DE TRAZO 9.980,00

CONCELLO DE VALDOVIÑO 14.970,00

CONCELLO DE VEDRA 14.970,00

CONCELLO DE VILASANTAR 14.970,00

CONCELLO DE VIMIANZO 10.363,85

CONCELLO DE ZAS 11.227,50

CONCELLO DO PINO 9.980,00

MANCOMUNIDADE MUN. COMARCA DE ORDES 14.970,00

PADROADO DA CULT. DO CONCELLO DE NARÓN 9.980,00

TOTAL: 769.959,02