Edición 2025

XIII CONCURSO "#140ENPOSITIVO"

Obxecto.

Coa finalidade de espertar a imaxinación dos lectores e lectoras, animar a compartir as súas creacións, dinamizar a Biblioteca e facer partícipes do concurso ao conxunto de bibliotecas municipais da provincia, a Biblioteca da Deputación convoca a XIII edición do concurso #140enpositivo.

Buscamos mensaxes positivas que nos impulsen e melloren no noso día a día, palabras de ánimo e apoio para compartir e animar a diferentes idades. Se queres tomar parte desta marea de positivismo, e tes 14 anos ou máis, anímate a participar enviándonos a través do formulario web esa mensaxe que nos vai empuxar a afrontar a vida dun xeito máis positivo!

Condicións.

As mensaxes terán unha extensión máxima de 280 caracteres, os espazos contan. Poden estar escritas en galego ou castelán, e cada participante pode enviar como máximo 3 mensaxes, que deben ser inéditas.

Prazo.

O prazo para a presentación dos traballos será dun mes, e comezará ao día seguinte da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Premios.

Poderás conseguir os seguintes premios:

Categoría 1: Máis de 18 anos: no que se seleccionarán tres premiados ou premiadas.

  • Un libro electrónico para o primeiro premio.
  • Unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
  • Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.


Categoría 2: Entre 14 a 17 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.

  • Un libro electrónico para o primeiro premio.
  • Unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
  • Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.

*Haberá un pequeno agasallo da Biblioteca para todas as persoas participantes, que se recollerá na Biblioteca.

Bases legais completas no BOP

Consulta as bases completas antes de participar

Formulario de participación:

Premiados Edición 2025

Presentáronse unha totalidade de 92 traballos nas dúas categorías e non cumpren as bases 11 traballos, polo que entraron na fase de valoración 81 traballos. Valoráronse aspectos como a motivación e positividade que transmite a mensaxe, a claridade na redacción, a orixinalidade, e a calidade literaria:

PRIMEIRO:
O xurado decide unir os traballos e premios das dúas categorías, debido aos poucos traballos presentados na Categoría 2 a falta de orixinalidade dos mesmos, polo que se fallan dous primeiros premios, dous segundos premios e dous terceiros premios.

SEGUNDO:
Dos traballos presentados nas dúas categorías

RESOLVEN conceder os premios do XIII Concurso Literario "#140enpositivo" aos seguintes traballos:

1º PREMIO.
"Hai forza na túa voz, beleza nas túas ideas e maxia nos teus soños. Non deixes de crer en ti." (nº 67)

Da que é autora: Elena López Pérez

1º PREMIO.
"Xa sei que doe, pero pasará. E o mar no que hoxe te afogas, só será unha onda que che bateu nos pés, para que sigas camiñando. Haberá mareas altas e baixas,    e sol, moito sol. Sempre chegará un raio morno que che enxugue as bagoas e che cure a dor." (Nº 85)

Da que é autora: Anabel Rodríguez Vázquez

2º PREMIO.
"Es bastante difícil que todo salga bien todo el tiempo, pero aún es más difícil que todo salga mal todo el tiempo. Procura poner tu atención en aquellas pequeñas cosas que sí funcionan en tu vida y saldrás adelante." (Nº43)

Da que é autor: Irma González Souto

2º PREMIO.
"La vida es un libro en tus manos: solo tú eres el escritor de cada línea, el ilustrador de cada escena, el protagonista de cada trama y el editor de cada revisión. Construye la obra que quisieras leer... y releer." ( Nº 58)

Da que é autora: Cecilia Valiño Cid

3º PREMIO.
"Non estás só. Non estás soa. Ás veces basta un "eu tamén" para que o mundo pese menos." (Nº 9)

Da que é autor: Bruno Ramos Domínguez

3º PREMIO.
"A veces la vida sorprende con pequeñas cosas que iluminan todo: una sonrisa, un abrazo, una risa inesperada. Agárrate fuerte a esos momentos. La felicidad no siempre grita, a veces susurra... y ahí está la magia. ¡Ánimo, lo mejor está por venir!" (Nº15)

Da que é autora: Sofía López Caínzos

As persoas gañadoras poderán recoller os seus premios na Biblioteca Provincial ( Rúa Riego de Agua, 37 15001 A Coruña) a partir do 27 de maio no horario de apertura ao público. Todos os participantes participantes teñen un pequeño agasallo da Biblioteca Provincial que poderá ser recollido na biblioteca no horario de atención ao público da Biblioteca Provincial ata o 15 de xuño de 2025