Estás en:Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica Medio Ambiente Outras actividades I Xornada micolóxica no Pazo de Mariñán. Charla e roteiro de identificación de cogomelos

I Xornada micolóxica no Pazo de Mariñán. Charla e roteiro de identificación de cogomelos

O Pazo de Mariñán destaca pola súa riqueza botánica, con exemplares de árbores e arbustos de alto valor ambiental e paisaxístico. Á súa riqueza vexetal hai que engadir unha extraordinaria diversidade de fungos, ata o de agora apenas estudada.
Co obxecto de difundir a grande variedade de cogomelos que existen no Pazo de Mariñán, e destacar a importancia ambiental dos fungos, é polo que a Deputación da Coruña realizará a I XORNADA MICOLÓXICA
LUGAR: Pazo de Mariñán (Concello de Bergondo)
DATA E HORARIO: sábado, 11 de outubro de 2025, de 10:00 a 13:30 horas.
PRAZAS: 30
PERSOAS DESTINATARIAS: Esta actividade é de balde e aberta a toda aquela persoa que queira asistir, adultos e crianzas acompañadas. Non poderán asistir máis de 3 persoas por grupo, agás familias con máis de dous fillos.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:
  • 10:00 Charla de iniciación á micoloxía.
  • 10:45 Charla de curiosidades do mundo dos fungos.
  • 11:30 – 12:00 Pausa-café.
  • 12:00 a 13:30 roteiro de identificación de cogomelos polos xardíns e bosque do Pazo.
PRAZO DE INSCRICIÓN: remata o 24 de setembro de 2025.
INFO: chamando a Medio Ambienta da Deputación da Coruña no 981 415 704 ou no correo electrónico medioambiente@dacoruna.gal
COLABORA: Asociación Micolóxica Coruñesa (AMC).