Programa de Apoio Xurídico: Proceso de Regularización Extraordinaria
A Deputación da Coruña, a través da Sección de Igualdade e Dereitos Civís, pon en marcha un servizo especializado de información e formación dirixido tanto para o persoal dos servizos municipais como para o das entidades sociais non acreditadas no Rexistro Electrónico de Colaboradores de Estranxeiría.
O obxectivo é facilitar as ferramentas xurídicas necesarias para facer fronte ao novo proceso de regularización administrativa extraordinaria de persoas estranxeiras.
Servizos dispoñibles
Para garantir un asesoramento eficaz e actualizado, o programa inclúe:
- Guía Xurídica Dixital: Manual práctico sobre o decreto e os procedementos, incluíndo modelos de documentación e instrucións do Ministerio de Inclusión.
- Listado de Recursos: Listaxe actualizada de entidades colaboradoras acreditadas no rexistro electrónico de estranxeiría na provincia da Coruña.
- Alertas Informativas: Sistema de actualización permanente ante calquera cambio normativo ou novidade administrativa durante o período de vixencia do proceso.
Formación especializada: Sesións informativas
Organizamos dúas xornadas formativas en liña impartidas por unha persoa xurista especialista en Dereito de Estranxeiría. As sesións contarán cunha parte expositiva e un espazo para a resolución de dúbidas prácticas.
Datas e horarios dispoñibles:
- Sesión 1: Venres, 8 de maio (12:30h - 14:30h)
- Sesión 2: Luns, 11 de maio (10:00h - 12:00h)
Inscricións
Para participar nas sesións informativas, é necesario completar o formulario de inscrición premendo no seguinte botón: Inscribirme nas xornadas
