Mergullando dende a clase

Modalidade/Sede:

Presencial en 10 colexios da provincia da Coruña, nos concellos de Cerdido, As Pontes, Sada, Ordes, Coristanco, Dumbría, Oroso, Melide, Teo e A Pobra.

Edicións, datas e horarios:

10 edicións, cun máximo de 50 alumnos/as por edición, nos seguintes centros educativos:

- CEIP A BARQUEIRA (Cerdido): 5 de xuño, de 11:00 a 12:15 e de 13:00 a 14:00 para alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º. Haberá un pase a extra, de 14:00 a 14:30, para o alumnado de 1º e 2º.

- CEIP A MAGDALENA (As Pontes): 3 de xuño, de 10:45 a 12:00 e de 12:45 a 14:00, para alumnos/as de 5º.

- CEIP MESÓN DO VENTO (Ordes): 2 de xuño, de 10:50 a 12:05 e de 12:35 a 13:50, para alumnado de 4º e 5º.

- CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA (Sada): 10 de xuño, de 10:30 a 11:30 e de 12:30 a 14:00, para alumnado de 5º.

- CEIP BORMOIO - AGUALADA (Coristanco): 4 de xuño, de 9:45 a 12:15, para alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º.

- CPI A PICOTA (Mazaricos): 16 de xuño, de 10:00 a 11:15 e de 11:45 a 13:00, para alumnado de 5º e 6º.

- CEIP NÚMERO 1 MELIDE (Melide): 12 de xuño, de 12:00 a 14:30, para alumnado de 5º e 6º.

- CEIP DE SIGÜEIRO (Oroso): 28 de maio, de 10:00 a 12:30, para alumnos/as de 6º.

- CEIP OS TILOS (Teo): 27 de maio, de 10:15 a 11:30 e de 12:15 a 13:30, para alumnado de 5º e 6º.

- CEP SALUSTIANO REY EIRAS (A Pobra): 11 de xuño, de 9:00 a 11:30, para alumnado de 6º.

Duración:

Cada obradoiro durará 2,5 horas.

Obxectivos:

Levar aos centros educativos da provincia actividades para o coñecemento do medio mariño galego para
descubrir a súa riqueza e importancia e ser partícipes da súa conservación, comprendendo como o mar
inflúe de xeito directo nas nosas vidas e as nosas vidas inflúen na saúde do mar.

Metodoloxía:

  • Obradoiro, onde se abordarán as particularidades da vida baixo o mar, descubrindo as principais paisaxes submarinas da costa galega e a biodiversidade que albergan, reflexionando sobre o noso papel na súa conservación.
  • Experiencia inmersiva submariña con lentes de realidade virtual mentras se realiza a actividade paralela "Detectives da marea" con arribazóns e refugallos característicos das nosas praias.
  • Creación de ferramentas útiles para que o centro educativo poida replicar a actividade ou crear novas accións formativas dentro da conservación mariña a partir dos contidos abordados.

Contido:

  • Outro mundo ao lado da casa. Que cousas fan que a vida sexa tan diferente ao outro lado da superficie?
  • Repaso pola vida mariña galega. Descubriremos as principales paisaxes submarinas que se desenvolven nas augas galegas e a gran variedade de vida nun mar que ten moito máis ca peixes.
  • Ameazas do medio mariño, reflexionando que pode facer cada un de nós para contribuír no seu coidado.
  • Experiencia inmersivas en 360º. Percorrendo o mundo submarino de Galicia a través de lentes de realidade virtual.
  • Detectives das mareas: durante as quendas coas lentes de realidade virtual realizarase, paralelamente, a actividade Detectives das mareas, onde descubrir as principais arribazóns e refugallos que chegan ás nosas praias.

Outros: en cada centro entregarase un exemplar do libro "Alén do Azul" que pode servir de apoio para futuros traballos na aula.