Bufos, mouchos e curuxas: aves rapaces nocturnas
Modalidade/Sede:
Presencial en 10 colexios da provincia da Coruña.
Número de edicións do obradoiro:
10 edicións. En cada edición poderán asistir un máximo de 50 alumnos/as.
Duración:
Cada obradoiro durará 2 horas.
Datas:
Outubro e novembro de 2025.
Destinatarios/as:
Alumnado de Educación Primaria.
Obxectivos:
- Dar a coñecer o grupo das aves rapaces nocturnas presentes en Galicia.
- Identificar os mamíferos presentes a través do estudo das egagrópilas.
- Sinalar os perigos que afrontan estas aves e poñer en valor o seu papel no medio ambiente para manter o equilibrios dos ecosistemas.
- Promover entre o alumnado o respecto e coidado da natureza.
Metodoloxía e contido:
1ª parte - Charla (1 hora), activa, participativa e manipulativa de coñecemento das aves rapaces nocturnas, identificando os seus rasgos máis característicos, sinalando as especies presentes en Galicia e destacando o seu importante papel no equilibrio dos ecosistemas.
A charla estará complementada e enriquecida con diverso material manipulativo como cránios e plumas e audiovisual.
2ª parte - Obradoiro (1 hora), dúas actividades diferentes segundo o ciclo educativo:
- 1º Ciclo de Primaria: elaboración dun poliño de curuxa cunha piña, feltro e algodón.
- 2º e 3º Ciclos de Primaria: disección de diversas egagrópilas en grupo, estudando deste xeito as presas destas aves e poñendo en valor o seu importante papel na boa saúde do medio natural.
Outros: en cada centro entregarase un exemplar dun caderno de campo con diversa información das aves rapaces nocturnas e dos seus rastros para complementar e dar continuidade á actividade.